#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

AVELINO GONZÁLEZ: CONTOS PRA CONTAR CARTOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : todos os públicos

  • Duración del espectaculo: 60 minutos

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 630 071 734 - avelino@avelinogonzalez.gal

  • Página web del grupo : https://avelinogonzalez.gal/contos-cartos/

  • Sinopsis de la compañia :

    Disto de actuar gústame todo, ata picar entradas. Ó ultimo que fixen en teatro é: “Apaga o Candil” de Contraproducións Teatro, dirixido e escrito por Cándido Pazó. “O mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro, dirixido por Sante Cortegoso, onde fago de todo e ademáis actúo “Guerra de Identidade” de DeUve, que dirixín. “Commedia, un xoguete para Goldoni” dirixido por Cándido Pazó para Contraproducións, onde fago de Brighella Fago cine e saio na tele en “Cuñados” de Portocabo en cines “Padre Casares” da TVG “Seis Hermanas” da TVE1 “Serramoura” da TVG ... E conto contos, historias, monologueo, de Polonia a Cuba, de Inglaterra a Cádiz, dende o ano 99 e ata a fin dos tempos. Polo camiño fago obradoiros de teatro, radioteatro, podcasts, etc. Todo é contar cousas bonitas. (E si, gústanme as abellas, de sempre son unhas máis da familia) Para máis cousa: https://avelinogonzalez.gal/

  • Sinopsis del espectaculo:

    Os cartos andan nas mans de todo o mundo (máis ou menos!), témolos todo o mundo na cabeza (tamén máis ou menos) peeero… case non os tocamos! Hai quen di que, en realidade, non existen. Hai quen di que os cartos só deberan estar na man de quen sabe usalos, debera estar avisados os seus efectos, como se fai no tabaco, e debera recomendarse lavar as mans sempre despois de tocalos. Os contos que falan dos cartos, en realidade falan de como somos e de que nos importa. E da cantidade de estupideces que chegamos a facer por eles! Se cadra estes contos axudan a botar contas

  • Caché con IVA : 770.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 847.0 €

  • Técnica