#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Vórtice Escénico: Asfixia

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto

  • Duración del espectaculo: 60 minutos

  • Persona representante : Andrea Blanco Dios

  • Datos de contacto : 625 719 085 - vortice.escenico@gmail.com

  • Página web del grupo : https://drive.google.com/file/d/1cakOQwOjJEBjzRYrmQVDtbrcAJEA8VYP/view?usp=drive_link

  • Sinopsis de la compañia :

    Vórtice Escénico é a plataforma de creación das actrices Andrea Blanco e Ana San Fernando, graduadas en Interpretación pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia mailo dramaturgo José Luis Baños de Cos. Tres vértices para crear un vórtice. O primeiro contacto que tiveron coas artes vivas foi a través do teatro amador, ao que se dedicaron antes de iniciar a súa formación formal. Andrea Blanco Dios é asemade bailarina, estando en posesión do grao profesional de danza. Pola súa banda, Ana San Fernando combina a súa faceta interpretativa co canto e José Luis Baños de Cos conta con ampla experiencia dirixindo distintas agrupacións teatrais e un amplo palmarés polo que respecta a premios ás súas dramaturxias. O colectivo acomete a montaxe de Asfixia, texto de José Luis Baños de Cos premiado co Premio Abrente 2019, como parte do Traballo Final de Grao das dúas actrices e rodéanse dunha excelente equipa de persoas formadas ao abeiro da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, como o director de escena Roberto Casal Mouriño, a equipa de escenógrafas As dúas e punto ou os actores coruñeses Marcos Fernández e Marcos Grandal. Como compañía empezan a súa andaina profesional en 2023, tras gañar con Asfixia, a súa primeira proposta escénica, o Primeiro Premio do Certame Xuventude Crea 2022. Realizan a preestrea do espectáculo en Illa de Arousa e estrean finalmente Asfixia na pasada edición da MiT de Ribadavia con grande éxito de público e crítica. Inician a súa xira que xa pasou por prazas como Vigo, na sala Ártika ou Lugo, sempre con moi boa recepción do público. Buscando tender pontes coas súas compañeiras de profesión, ingresan en Escena Galega en marzo de 2024 avaladas por catro compañías amplamente consolidadas no panorama teatral galego. Na actualidade, a compañía atópase inmersa na distribución de Asfixia e na produción de dous novos espectáculos: A cámara escura, outro texto de José Luis Baños de Cos premiado co Vidal Bolaño 2020, que ten data prevista de estrea en decembro de 2024 e Heroes en decembro, en coprodución con Ancoraxe, que se estrará en 2025 e foi seleccionada para presentarse en formato pitching na pasada edición de Galicia Escena Pro.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Un esperpéntico pesadelo asalta a Ágata días antes do seu trinta e catro aniversario: uns escuros seres de cabeza de porco e corpo humano axitan o seu soño e os cimentos da súa vida. Este pesadelo non é outra cousa que o resorte que desencadea unha crise existencial nesta muller afeita a cumprir as expectativas alleas. Ansiosa por facer algún cambio na súa monótona realidade co seu monótono marido, e motivada polo noxo que as criaturas do seu soño lle inspiran, Ágata decide deixar de comer carne. Esta pequena decisión individual, que non tería por que ser posta en cuestión por ninguén, é ferozmente combatida polo seu entorno, concretamente pola súa sogra, Silvia, que personifica á loita da sociedade contra o individuo. Veremos como, nun contexto familiar tan ríxido como o de Ágata, esa pequena decisión individual, aparentemente tan minúscula e inofensiva, xerará un inexorable efecto dominó sobre o resto dos personaxes, asomando a cada un deles ao seu particular abismo. Esta é a trama principal de Asfixia, de José Luis Baños de Cos. Unha dramaturxia que se apoia sobre os seguintes eixos conceptuais, asentados en varias dualidades que entran en conflito: o individuo fronte a masa, o inconformismo contra o conformismo, o diferente contra a homoxeneidade e a permanencia fronte a ausencia. Catro personaxes, catro entes narradores, unha manda de porcos e catro intérpretes en escena. Tres eixos espazo-temporais e tres historias que se entrecruzan. Eses son os ingredientes principais de Asfixia. Abrámolo pano.

  • Caché con IVA : 3509.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 4009.0 €

  • Técnica