#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Seisdedos marionetas tradicionais: O cego dos monifates

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Todos públicos

  • Duración del espectaculo: 50 min

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 645 137 031 - anxoliticos@gmail.com

  • Página web del grupo : https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/o-cego-dos-monifates/

  • Sinopsis de la compañia :

    Anxo García ten unha longa traxectoria como director, actor e manipulador. É membro fundador de Viravolta Títeres e de Seisdedos Marionetas Tradicionais, compañías nas que dirixe a maioría dos espectáculos, manipula os bonecos e elabora as escenografías. Nos anos oitenta xunto a outros titiriteiros e titiriteiras funda a Asociación de titiriteiros galegos que mediante accións reivindicativas e programacións conseguen revitalizar a marioneta como unha das formas teatrais que potenciaron o rexurdimento do teatro galego (Os domingos de furabolos, Festival de titiriteiros galegos...). Ten máis de 35 anos de experiencia xunto con Viravolta e 30 con Seisdedos, compañía centrada na produción de espectáculos de pequeno formato aptos para representar en rúas, pequenos locais, cole-xios, bibliotecas, etc. Como marca de Seisdedos, sempre está a combinación de técnicas de actor con técnicas dos monicreques. Os espectáculos de Seisdedos participan nas programacións estables de organismos públicos e priva-dos como a Consellería de Cultura, RGS e RGMV, Ler conta moito, campañas de animación a lectu-ra, a Fundación María José Jove … en festivais tanto en Galiza como no resto da península. Mostras "Xeración Nos”; MIT de Ribadavia; FIT de Redondela; Galicreques; Festival de títeres de Soria; Fira internacional de teatro de titelles de Lleida; Festitíteres de Alicante; Festival de Titiriteros y trotamundos de Hervás, Mostra de teatro cómico e festivo de Cangas… Ademais Anxo García desenvolve unha labor investigadora e de recuperación do títere tradicional. Neste sentido temos que destacar que é membro fundador da Asociación Morreu o Demo para o coñecemento e a recuperación da nosa marioneta popular. Para lograr este obxectivo propón iniciati-vas en todas as disciplinas artísticas (representacións dramáticas, exposicións, o festival Titiriberia, publicacións, cafés da memoria...) en colaboración con outras institucións pero sempre co fin de por en valor a Barriga Verde, marioneta popular galega herdeira da tradición europea. A súa labor investigadora tamén se dirixe de cara a dignificación dos títeres en xeral manifestada na creación e xestión do Museo Galego da Marioneta, xunto a Pilar Álvarez e Xulio Balado, proxecto compartido co Concello de Lalín no Pazo de Liñares. COLABORACIÓNS: Entre moitas colaboracións con artistas de diferentes disciplinas destacamos: Carlos Quintá: acordeonista, compositor e profesor da ETRAD de Vigo, membro de Linho do Cuco, ven colaborando en diferentes proxectos e con diferentes compañías teatrais de Galicia desde o 2007. Fran Lareu: formado na ESAD é un recoñecido actor e membro fundador da compañía Il Maquinario Teatro (O home almofada, Perplexo e Resaca). Desde fai máis de dez anos colabora con Viravolta e con Seisdedos como actor, titiriteiro e músico, así como con outras compañías. Luis Iglesias: a súa formación é de actor en infinidade de cursos non formais, dende fai máis de dez anos decidiu dedicar a súa carreira actoral ao mundo do títere e do teatro de rúa. Ademais de desen-volver proxectos propios colabora con Viravolta e con Seisdedos como actor, titiriteiro e músico, así como con outras compañías. A súa vez Anxo García colabora habitualmente en producións e proxectos diversos doutras compa-ñías.

  • Sinopsis del espectaculo:

    A compañía de maese Seisdedos, cego e monicrequeiro ambulante, realiza as súas representacións usando a técnica tradicional do bululú galego na que o “lazarillo” manipulaba os bonecos oculto na capa do cego que tocaba a zanfona. Representará contos medievais (Joan de Timoneda, Lope de Rueda,…) e populares; romances históricos (A nau Catrineta, D. Martiño,…); romances de cego (Crime de Caldas,…); pequenas pezas teatrais, cancións tradicionais (O sacristán de Coimbra,…). Contos e narracións da literatura galega (Can branco, can negro de M. Victoria Moreno)…. Nestas representacións reflíctese sempre a dinámica clásica de picaresca e enganos entre cego e lazarillo. Incorpóranse ademáis a este espectáculo algúns bonecos tradicionais xa desaparecidos para realizar algúns sketchs nos que prima a participación do público con danzas e cancións. É un espectáculo especialmente deseñado para representar en feiras, mercados, festexos medievais, etc.

  • Caché con IVA : 880.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 880.0 €

  • Técnica