#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Malasombra: De algo hai que morrer

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto

  • Duración del espectaculo: 65 minutos

  • Persona representante : Xoque Carbajal

  • Datos de contacto : 696 462 929 - xoquecarbajal@gmail.com

  • Página web del grupo : https://malasombra.gal

  • Sinopsis de la compañia :

    A compañía MALASOMBRA é unha empresa de produción e distribución de espectáculos profesionais de teatro en lingua galega dende o ano 2006. Nos últimos 10 anos posiciónase como unha das compañías con maior número de representacións en Galicia.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Conferencia fúnebre-cómico-teatral. Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte. Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal. A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado? A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais? Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian? Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente? O suicidio creativo. Desfruta do teu derradeiro momento O asasinato. Son os xenocidas heroes ecolóxicos incomprendidos? As guerras. Por que están tan mal vistas? A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras. O enterro (ou como desfacerse do cadáver). A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos. O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?

  • Caché con IVA : 1936.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2299.0 €

  • Técnica