#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Mevadeus: Outrora Nós

  • Categoría: +DANZA

  • Dirigido a : Adolescente e adulto

  • Duración del espectaculo: 60'

  • Persona representante : Carmen García Facorro

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Página web del grupo : https://www.mevadeus.com/autrora-n%C3%B3s

  • Sinopsis de la compañia :

    Mevadeus nace pola necesidade de catro profesionais da interpretación que tras formarse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), deciden continuar investigando as artes do corpo, do teatro físico e o mundo da performance. Coa súa segunda obra Outrora Nós gaña o terceiro premio ao espectáculo mellor valorado polo público na categoría de público adulto no ano 2022 na programación de VigoCultura. Coa súa primeira obra Agro 5 G gañou o primeiro premio da modalidade de teatro do Xuventude Crea 2021. A compañía busca en profundidade a natureza humana mediante a experimentación dos corpos e o espazo sonoro, utilizando instrumentos propios do folclore galego, a voz e gravacións documentais. Mevadeus avoga por tratar temáticas nas que se vexa reflectida a realidade e preocupación da súa xeración. A xeración Z, unha mocidade moitas veces silenciada e que con todo está fortemente implicada na loita social de todos os colectivos que sofren violencia na nosa realidade. Creando un teatro que busca o íntimo, que conecta a todas as persoas a través dun discurso propio, honesto e reivindicativo.

  • Sinopsis del espectaculo:

    OUTRORA NÓS é un espectáculo que bebe da dramaturxia da obra gañadora do primeiro premio de teatro no Xuventude Crea 2021: “Agro 5G”. Catro mozos fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: Quen seríamos nós antes de nós? O amor e a tradición son o fío condutor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados nos forma, nos conforma ou nos deforma. Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.

  • Caché con IVA : 3300.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3850.0 €

  • Técnica