
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
NELSON QUINTEIRO PRODUCIÓNS: FARTURA!
Categoría: +TEATRO
Dirigido a : Adulto
Duración del espectaculo: 80
Persona representante : NELSON QUINTEIRO ROA
Datos de contacto : 647 647 404 - nelson.quinteiro@gmail.com
Página web del grupo : https://www.nelsonquinteiro.com/fartura
Sinopsis de la compañia :
Quen Somos Nelson Quinteiro Producións MÚSICA, DANZA E ANIMACIÓN EXPERIENCIAS EMOCIONANTES QUE FESTEXAN AVIDA E A LEDICIA DEVIVIR! Páxina web: www.nelsonquinteiro.com Canle de youtube: https://www.youtube.com/user/cantareiro Somos unha compañía artística multidisciplinar especializada na creación de experiencias temáticas a través da música, a danza e a animación, especialistas en cabaré e contidos para todo o ciclo festivo do ano. Creamos propostas evocadoras, que abordan directamente os imaxinarios colectivos. Experiencias emocionantes que nos fan vibrar, participar, e celebrar a vida e a ledicia de vivir. En activo dende 2006, somos responsables da programación, produción e comunicación de propostas tan singulares coma o Festival Galego de Cabaré (12 edicións dende o 2006 ao 2021), "Brancas" (Noite Internacional dos Museos da Coruña 2011, Gharbo! (Co-produción 2012 do Centro Coreográfico Galego), Compostela Carpa Cabaret (2009), Portamérica Circo Cabaret (2016), Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro (Pontevedra) 2017, 2018, 2019, 2021 e 2022 "Pequeno Circo de Nadal" (Rianxo 2016, 2017, 2018 e Salceda de Caselas 2019-2024), "Parranda & Trucks" (Portonovo 2017 e 2018), "Pequeno Circo de Entroido en María Pita" (A Coruña 2017 e 2018), Festival Cabaré Cabaré (Pontevedra, 2021) , "Sanxenxo en Branco" (Sanxenxo 2019, 2020 e 2023), Aldea de Nadal (Vilagarcía 2023 e 2024), entre moitos outros.
Sinopsis del espectaculo:
Fartura! Unha mesa de furancho portátil. Unha paparota musical ininterrumpida ao son da música popular, a gaita, as cantareiras e os cantos de taberna. Gorentoso, escénico e musical! Xa está aquí a nova proposta musical da Nelson Quinteiro Troupe de cara ao 2025. Unha proposta concebida como unha performance gastronómica e musical con un equipo multidisciplinar de músicos/as, bailadores e artistas para ofrecer unha auténtica cornucopia musical arredor da música tradicional e popular galega, o canto das cantareiras, a música folque e os cantos de taberna. "Fartura!" propón unha foliada poliédrica na que se xuntan repertorios das agrupacións que coinciden no banquete, con diferentes linguaxes musicais, dende o repertorio tradicional de gaita ao máis puro estilo estilo Ricardo Portela, a música das pandereteiras, cantos de taberna, habaneras ou temas máis arranxados que tenden cara ao folque. A caracterización, inspirada na roupa tradicional, as máscaras de Entroido e os cadros de Laxeiro, Soutomaior e a escenografía da mesa, recreando un bodegón gastronómico e sinfónico contribúen a xerar unha estampa do máis evocadora que amplifica a proposta. Se lle sumamos percusión de mesa e corporal, percusión con elementos pouco convencionais, sentido do humor e diversión, interacción e xogos rítmicos participativos co público e unhas excelentes e poderosas voces con arranxos polifónicos temas a receita xenial para unha experiencia musical e culinaria totalmente gourmet.
Caché con IVA : 2860.0 €
Caché + producción técnica con IVA : 2860.0 €