#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

FEITAS AO SISEL: FEITAS AO SISEL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : XERAL

  • Duración del espectaculo: 45

  • Persona representante : CHARLATANA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Página web del grupo : chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://charlatana.org/docs/catalogo/teatro.pdf

  • Sinopsis de la compañia :

    A COMPAÑÍA FEITAS AO SISEL son son Loaira Lázare, Patricia Gamallo, Inés Mirás, Carme Campo, Arantxa Alfaia e Diana Kurich . S eis mulleres de diferentes ámbitos artísticos que se xuntan para formular unha peza na que música tradicional e electrónica, baile tradicional e contemporáneo e a palabra recitada e cantada se mesturan sen perder a súa esencia, buscando así eses espazos comúns que nos permiten habitar dende todas as entidades que somos. CURRÍCULO •Diana Kurich : Milita activamente en organizacións que comparten a interseccionalidade das loitas e sempre o fan a través da música e na rúa. En segredo colecciona palabras nun tarro de cristal, sementa afectos debaixo dos lastros, baila na punta do pé, toca algún que outro instrumento e sabe (porque así llo ensinaron) dar puntadas sen fío. •Loaira Lázare : Traballa como profesora de Lingua e Literatura españolas no ensino público, especializándose en igualdade e mediación de conflitos. En paralelo, estase a formar profesionalmente como actriz na escola Espazo Aberto. Cre firmemente na necesidade de alimentar a capacidade de asombro ao longo da vida e no poder da palabra para cambiar o mundo, idea que traslada a través da docencia e das artes escénicas. •Patricia Gamallo : Nómade en bicicleta dos praceres latexo. H do silencio, muda a muller que soa, levando o lume dentro ao vivo contra a extinción. Amante galegofalante das redes analóxicas de apertas, sementes, sosteres, olladas políglotas mergulladas na cultura vibrante, viva, en loita! Metamorfoses dende as marxes, cerne do universal, furacán festexo diverso, livre(s) e louca(s). •Arantxa Alfaia : nacida entre cantigas abrazou a tradición dende a matriz, co afán de facela sempre viva, respectuosa e parte do cotián, o que lle leva a dedicarse por un lado ás artes percutivas e por outra banda, ás artes filolóxicas; co afán, obsesión e curiosidade dos seus amados felinos. •Inés Mirás : Centrada en contar historias a través de notas musicais. Medrou entre sachos, berzas e cánteghas, e procura acadar unha universalidade sonora que logre tecer pontes entre o pasado e o presente; pontes que nos salven do monocultivo mental e da súa teima en extinguir todos os sentidos da palabra diversidade. •Carme Campo : Nos primeiros anos de vida tivo dificuldade para camiñar. Para liberaa do descrito como "mal formación " puxeronna con 4 anos a bailar. Paso a paso, a dificuldade tornou se en facilidade e foi medrando, física e emocionalmente, gra z as ao baile tradicional. Agora quere devolver o sostén que x era o coletivo, tentando "ben formar" o seu e a aqueles corpos que queiran poseer o poder transformador do amor propio. Todo [e sempre] dende a liberdade que oferece a crianza colectiva.

  • Sinopsis del espectaculo:

    O proxecto nace do poemario Feitas ao Sisel (premio de Poesía Erótica das Illas Sisargas) escrito por Diana Kurich, integrante tamén do proxecto. O poemario fai un percorrido metafórico entre o baile tradicional e a sedución entre dúas mulleres. O poemario antes que escrito foi bailado nos torreiros que eran e son lugares de sedución masiva, e é por iso que cada poema leva o nome dun baile tradicional. Esta semente levou a seis mulleres de diferentes ámbitos artísticos a xuntarse para formular unha peza, na que música tradicional e electrónica, baile tradicional e contemporáneo e a palabra recitada e cantada se mesturan sen perder a súa esencia, buscando así eses espazos comúns que nos permiten habitar dende todas as entidades que somos. De xeito transversal, esta peza intregra temas como o lesbianismo, as non monogamias, o ecoloxismo, a antigordofobia, o clasismo, o transfeminismo, o anticuerdismo, o decolonialimos e o antirracismo.Feitas ao Sisel son Loaira Lázare, actriz e mestra de lingua e literatura especializada en igualdade e mediación; Patricia Gamallo, música, Inés Mirás, música, Carme Campo, bailarina; Arantxa Alfaia, música e filóloga, e Diana Kurich, poeta e artista multidisciplinar.

  • Caché con IVA : 2100.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3300.0 €

  • Técnica