#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

LALÁ TEATRO: "ESTÁS COMA UNHA CABRA"

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : 9 MESES ATA OS 4 ANOS

  • Duración del espectaculo: 35 MINUTOS

  • Persona representante : NOELIA PORTO DOMÍNGUEZ

  • Datos de contacto : 648 751 288 - noeporto@gmail.com

  • Página web del grupo : https://drive.google.com/file/d/17fMKWeML-EgD1Ql57Ilf571-6DpFvD7P/view?usp=drive_link

  • Sinopsis de la compañia :

    Lalá Teatro é unha compañía creada no 2024 por Noelia Porto. Inda que é unha compañía recente, realmente levo arredor de 5 anos realizando diferentes espectáculos por toda Galicia. No 2019 remato os meus estudos de Arte Dramática na ESAD de Galicia e desde aquel momento póñome a crear diferentes espectáculos que realizo a través doutra empresa. Ademáis de actriz tamén son cantante profesional e toco nunha banda popular galega, recursos que sempre engado nos espectáculos. A nosa proposta artística son espectáculos infantís moi interactivos nos que o público sempre é a peza clave, por iso é partícipe en todo momento. Entran a formar parte do espectáculo xa sexa cantando unha canción; facendo palmas; creando un conto ou facendo diferentes xogos, todo isto mentres se lles conta unha historia. Á hora da creación e composición dos espectáculos tentamos adaptarnos a diferentes idades. Buscamos achegar valores e diferentes ensinanzas de maneira lúdica e entretida ós máis cativos, ademais de poder ensinarlles a nosa cultura e tratar temas da actualidade. Todo isto lográmolo a través da interpretación teatral; a música; os contos, lendas ou mesmo historias creadas por nos mesmos.

  • Sinopsis del espectaculo:

    A nosa Cabra Chiña está algo rara hoxe, que lle pasará? Creo que ten un lío coas súas emocións. Imos axudarlle entre todos a recoñecelas e ordenalas. Todos temos algo que nos pon moi tristes ou que nos pon moi felices, incluso temos algo que nos calma cando temos medo. Iremos identificando algunhas das nosas emocións mediante xogos, estímulos sensoriais, contos e música. Entre todos axudaremos a Cabra Chiña e incluso nos axudaremos a nós mesmos. Traballando ademais as cores, os números e o valor do traballo en equipo.

  • Caché con IVA : 330.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 330.0 €

  • Técnica