
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Redrum Teatro: Nas nubes
Categoría: +TEATRO
Dirigido a : Adulto
Duración del espectaculo: 60 aprox (pendente de estrea)
Persona representante :
Datos de contacto : 617 334 627 - redrumteatro@gmail.com
Página web del grupo : https://www.redrumteatro.com/espectaculo/nas-nubes/
Sinopsis de la compañia :
Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.
Sinopsis del espectaculo:
Nun futuro non tan afastado, a tecnoloxía trasformouno todo… Incluso a forma en que lembramos o pasado. En Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital. O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques? Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes? Unha peza de teatro provocadora que nos enfronta ao impacto da tecnoloxía, á fraxilidade da identidade e á delgada liña entre o que somos e o que soñamos ser. Nas Nubes aborda con humor e ironía cuestións esenciais sobre o impacto da tecnoloxía na vida humana, a identidade e a memoria colectiva. Nunha sociedade que avanza rapidamente cara a dixitalización total e onde a tecnoloxía penetra en cada aspecto da nosa existencia, esta obra eríxese como unha crítica reflexiva e, ao mesmo tempo, unha advertencia sobre as consecuencias dunha desconexión progresiva co humano. Nas Nubes explora a relación entre a tecnoloxía e a deshumanización. Nexus e Rino, os guías do museo representan a unha sociedade futura que perdeu completamente o contacto coas experiencias físicas e emocionais do pasado. Ao observar obxectos cotiás, os personaxes considéranos vestixios dunha era primitiva, ignorando o seu valor simbólico. Isto pon de relevo como a tecnoloxía non só nos transforma, senón que tamén redefine a nosa percepción do pasado e da nosa propia humanidade. O público, que actualmente vive inmerso en dispositivos dixitais e redes sociais, identifícase rapidamente con este espectáculo e escacha coa risa ao tempo que reflexiona sobre o impacto que a tecnoloxía ten na nosa identidade e nas nosas relacións humanas. Esta obra tamén expón unha cuestión filosófica sobre a natureza do ser e a realidade. Son as bolboretas en realidade os humanos, ou só están a lembrar un soño? Esta confusión entre o real e o imaxinario conecta directamente coas inquedanzas contemporáneas sobre as identidades dixitais e as realidades simuladas. Nas Nubes é un espectáculo que conecta humorísticamente coas tensións modernas entre a tecnoloxía e a humanidade, facendo que o público advirta as consecuencias dun mundo onde o virtual e o automatizado substitúen cada vez máis nosas experiencias e conexións físicas.
Caché con IVA : 2904.0 €
Caché + producción técnica con IVA : 2904.0 €