#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Vórtice Escénico: A Cámara Escura

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Xoven e adulto

  • Duración del espectaculo: 60 minutos

  • Persona representante : Andrea Blanco Dios

  • Datos de contacto : 625 719 085 - vortice.escenico@gmail.com

  • Página web del grupo : https://drive.google.com/drive/folders/1u1MooxivxyTxjUu1OT5movOanivyY_Ui?usp=drive_link

  • Sinopsis de la compañia :

    Vórtice Escénico é a plataforma de creación das actrices Andrea Blanco e Ana San Fernando, graduadas en Interpretación pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia mailo dramaturgo José Luis Baños de Cos. Tres vértices para crear un vórtice. O primeiro contacto que tiveron coas artes vivas foi a través do teatro amador, ao que se dedicaron antes de iniciar a súa formación formal. Andrea Blanco Dios é asemade bailarina, estando en posesión do grao profesional de danza. Pola súa banda, Ana San Fernando combina a súa faceta interpretativa co canto e José Luis Baños de Cos conta con ampla experiencia dirixindo distintas agrupacións teatrais e un amplo palmarés polo que respecta a premios ás súas dramaturxias. O colectivo acomete a montaxe de Asfixia, texto de José Luis Baños de Cos premiado co Premio Abrente 2019, como parte do Traballo Final de Grao das dúas actrices e rodéanse dunha excelente equipa de persoas formadas ao abeiro da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, como o director de escena Roberto Casal Mouriño, a equipa de escenógrafas As dúas e punto ou os actores coruñeses Marcos Fernández e Marcos Grandal. Como compañía empezan a súa andaina profesional en 2023, tras gañar con Asfixia, a súa primeira proposta escénica, o Primeiro Premio do Certame Xuventude Crea 2022. Realizan a preestrea do espectáculo en Illa de Arousa e estrean finalmente Asfixia na pasada edición da MiT de Ribadavia con grande éxito de público e crítica. Inician a súa xira que xa pasou por prazas como Vigo, na sala Ártika ou Lugo, sempre con moi boa recepción do público. Buscando tender pontes coas súas compañeiras de profesión, ingresan en Escena Galega en marzo de 2024 avaladas por catro compañías amplamente consolidadas no panorama teatral galego. Na actualidade, a compañía atópase inmersa na distribución de Asfixia e na produción de dous novos espectáculos: A cámara escura, outro texto de José Luis Baños de Cos premiado co Vidal Bolaño 2020, que ten data prevista de estrea en decembro de 2024 e Heroes en decembro, en coprodución con Ancoraxe, que se estrará en 2025 e foi seleccionada para presentarse en formato pitching na pasada edición de Galicia Escena Pro.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Que pasa cando unha adolescente de dezaseis anos comparte unha foto íntima co seu crush nun contexto social como o que estamos a vivir? Alicia está namorada. Alicia fai un selfie. Alicia preme enviar. Do outro lado do móbil, alguén reenvía, e reenvía, e reenvía. Os chats tolean. Unha avalancha de mensaxes, de vexacións, de insultos, de censura. Nun mundo eterno como é a rede, cal é a solución para recuperar a intimidade perdida tendo en conta que por cada ano que pasa, as xeracións están expostas a medrar sen a madurez suficiente para empregar un novo apéndice chamado teléfono? A cámara escura fala das vítimas de ciberacoso que se ven conducidas cara un buraco negro de desprezo e dor. Trata das persoas culpábeis que, agresión tras agresión, van construíndo un perigoso perfil de cara ao futuro. A cámara escura diserta sobre esas nais e pais que ven, con absoluta impotencia, rotas/os ás súas fillas e os seus fillos. A través de Alicia, esa rapaza dividida en dúas voces internas, podemos asomarnos á realidade que sofren cada día máis adolescentes a nivel mundial.

  • Caché con IVA : 2420.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2770.0 €

  • Técnica