#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Títeres Cachirulo: Cucú Tastás

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : De 6 meses a 5 anos

  • Duración del espectaculo: 45 minutos

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 627 416 836 - cachirulo@titerescachirulo.com

  • Página web del grupo : http://www.titerescachirulo.com/gl/cu-cu-tas-tas/

  • Sinopsis de la compañia :

    A compañía Títeres Cachirulo inicia a súa actividade no ámbito do teatro de monicreques no ano 1985 e, dende entón, leva realizados máis de 35 montaxes de teatro de bonecos combinando textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, guiñol, sombras, obxectos e teatro de rúa, destacando espectáculos como "Pinocho", "O libro da selva" ou "Do, re, mi, Mozart xoga aquí", Premio ao Mellor Espectáculo de Marionetas no 4° Festival Iberoamericano de Teatro "Cumbre de las Américas" (Arxentina, 2008). Ademais desta actividade de creación e representación de espectáculos, os membros da compañía participaron en diferentes publicacións dentro do ámbito da animación á lectura, destacando as obras "Educación a la lectura para adolescentes ¿Cuántos cuentos cuentas tú?” ou "Te trueco un cuento. Animación a la lectura e interculturalidad", entre outras, e participando en distintas ocasións en campañas de dinamización lectora para o Ministerio de Educación e distintas autonomías. Títeres Cachirulo imparte periodicamente obradoiros creativos de elaboración de textos e dramaturxia, e de construción e manipulación de monicreques e marionetas de diversas técnicas. Por outra banda, a compañía organiza sesións de contacontos e narración oral en bibliotecas, concellos, centros culturais, etc. acompañadas de actividades de dinamización con teatro e música, dirixidas tanto a centros de ensino como público familiar. Cachirulo caracterízase por ter realizado un importante traballo de creación e investigación con mestres do teatro de monicreques como Francisco Peralta, Yang Feng, Guaira Castilla ou Chris Geris, da compañía belga Plansjet. A compañía abre en 1997 a Sala Yago de Santiago de Compostela, que permanece en funcionamento ata o 2007, cunha programación estable de teatro de monicreques e marionetas, á que posteriormente se incorporaron o teatro e as proxeccións cinematográficas. Así mesmo, a Sala Yago, galardoada co Premio Max de las Artes Escénicas 2003 na categoría de Teatro Alternativo, serviu como plataforma para o desenvolvemento de diferentes proxectos de formación e difusión, entre eles a edición da revista Bululú, da que se chegaron a editar 7 números, sendo unha das poucas publicacións especializadas en teatro de monicreques. Actualmente, Títeres Cachirulo alterna as súas representacións de monicreques coa participación en numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América, obtendo importantes premios.

  • Sinopsis del espectaculo:

    ESPECTÁCULO PARA BEBÉS De 6 meses a 5 anos – 45 minutos Cu-cú, tas-tás, co revés imos xogar. Conceptos sinxelos de opostos. Espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa. Cucú Tastás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo-baleiro, arriba-abaixo, preto-lonxe, pequeno-grande… E a súa familia e amigos van axudalo a aprender.

  • Caché con IVA : 900.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 900.0 €

  • Técnica