#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Fantoches baj: O castiñeiro do Apalpador

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 5 anos

  • Duración del espectaculo: 50 min.

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/O%20casti%C3%B1eiro%20do%20Apalpador/

  • Sinopsis de la compañia :

    Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía. Co seu espectáculo Os Golfiños e o xigante obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Neste espectáculo, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba únicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas. O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un castiñeiro e un magosteiro. A súa grande preocupación é conseguir que os ctivos non lle rouben as castañas. Ata que un día, se lle presenta na carboaría unha velliña aterecida de frío e de fame. El, compadecido, ofrécelle teito e castañas do seu magosto. A velliña que é unha meiga, ante a súa bondade, ofrece cumprirlle tres desexos e o apalpador, movido pola súa teima máis inmediata, pide que quen toque o seu castiñeiro quede pegado para sempre nel, que quen colla as castañas do chao o engula a terra e quen meta na man no seu magosteiro quede dentro encarcerado. Con estes tres desexos conseguirá sen embargo vencer a Morte. O Gobernador do mundo ao ver os efectos devastadores da desaparición da Morte obrigará ao Apalpador a ceibala. E o Apalpador ceibaraa pero antes asegurarase de que a el non lle toque xamais. Convetido nun ser inmortal, liberado da necesidade de comer, e vendo que as castañas se lle estragan todos os anos, decide repartirllelas os nenos que pasan fame. Por iso, desde aquela, percorre o mundo apalpando as barrigas dos nenos e deixándolle unha presiña das castañas do seu castiñeiro a aqueles que a teñen valeira.

  • Caché con IVA : 650.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 650.0 €

  • Técnica