#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Constance Hurlé: Penélope: destecendo o vínculo

  • Categoría: +DANZA

  • Dirigido a : +16 anos

  • Duración del espectaculo: 75 minutos

  • Persona representante : Hurlé prods

  • Datos de contacto : 620 564 187 - constancehurle@gmail.com

  • Página web del grupo : https://constancehurle.com/portfolio/penelope-destecendo-o-vinculo/

  • Sinopsis de la compañia :

    Constance Hurlé é unha compañía de artes do movemento de carácter multidisciplinar onde o eixo é o diálogo entre a palabra, o corpo e a música. Xorde ao redor da figura da artista galaico-astur Constance Hurlé, adicta á expresividade, no sentido máis amplo do termo, que comeza a sacar adiante producións propias na sua época universitaria en Santiago de Compostela. Dende o ano 2010 daralle forma escénica ás súas creacións literarias a base de micro pezas, monólogos ou performances. Co paso do tempo afianza a súa linguaxe escénica onde tanto a poesía como a música e a danza adquirirán cada vez máis importancia, convertíndose en marca diferenciadora desta compañía.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Penélope é unha peza de danzateatro contemporáneo que busca un achegamento escénico á teoría psicolóxica do apego. Xorde da necesidade, cada vez máis presente na nosa sociedade, de comprender o establecemento e desenvolvemento dos vínculos afectivos que establecen os seres humanos para a supervivencia. O espectáculo comeza coma se dunha conferencia se tratase, pretendendo achegar ao auditorio os conceptos desta teoría psicolóxica a través das artes do movemento e da performance.

  • Caché con IVA : 3388.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 4420.0 €

  • Técnica