#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

SARABELA TEATRO: MADE IN GALIZA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Todos os públicos

  • Duración del espectaculo: 55

  • Persona representante : SARABELA TEATRO/ CULTURACTIVA

  • Datos de contacto : 639 884 984 - sarabelateatro@yahoo.es

  • Página web del grupo : www.sarabelateatro.com

  • Sinopsis de la compañia :

    Premio da Cultura Galega en 2017 , con máis de 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela, é a compañía de teatro de actor máis veterana de Galicia, está en proceso de cambio e de procura artística constante. Con elencos máis ou menos numerosos nos que se contou con diversos profesionais do teatro galego xunto a membros da compañía, nos últimos anos esa variedade pasou tamén á dirección escénica. Sarabela nace no ano 1980 e ata o 2018 leva 56 montaxes teatrais, tanto para público adulto (na súa maioría) como infantil. Autores como Ionesco, Fernán Gómez, Saramago, Lagarce, Cunqueiro, Rivas, Blanco Amor, Shakespare, Lorca ou Belbel súmanse na traxectoria da compañía a dramaturxias pro-pias como as de Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Begoña Muñoz ou Carlos Couceiro. Ten obtido recoñecementos polos seus traballos entre os que están numerosos María Casares ademais dos Compostela, Fetén, Celestina, Xiria, Abrente ou o Premio da Cultura Galega. Cos seus espectáculos e as súas actividades percorreu Galicia, España e Portugal ademais de ter ac-tuado en Francia, Italia ou Marrocos. Ata aquí chegamos e pode que saibamos por onde queremos ir. Os nosos obxectivos: facer un teatro bo, un teatro vivo, arriscado, contemporáneo, coherente; con rigor, autocrítica, responsabilidade, resis-tencia… Corrixir constantemente, mellorar para anovarnos.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non "resistiría" ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da" "MADE IN GALIZA" é un convite á República Indenpendente da túa língua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba, sábeo! Foi Castelao quen dixo: "se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma". Sobre este convencemos presentamos “Made in Galiza” unha obra que transita por momentos recoñecibles no día a día e combina temas de Sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido. A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove.

  • Caché con IVA : 3145.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3300.0 €

  • Técnica