#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

AANTENA: GOLPES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adolescente e adulto

  • Duración del espectaculo: 65 minutos

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Golpes/

  • Sinopsis de la compañia :

    Bernardino Martínez e Xosé Leis xuntan os seus camiños e esforzos creando aAntena no ano 2016. aAntena nace coa misión de escoitar e atender esas pequenas historias que fan grande a nosa realidade humana e expón como principio atender á nosa sociedade e á nosa historia para expoñela diante dos ollos da audiencia. Pretende escoitar e falar para todas as idades . O compromiso social e histórico dos compoñentes así como a procura da xeración de atmosferas e novas realidades en escena é o desencadeamento do xerme de aAntena. A compañía traballa en dúas liñas claras: Igualdade e Recuperación do noso patrimonio invisible. Neste 2022 súmanse a recente experiencia de Teatro Comunitario e recollida “As voces das mulleres” e a xestión do Festival Escena Muller apoiados pola Deputación da Coruña. Así como a continuidade do espectáculo “Golpes” coa Secretaría Xeral de Igualdade. Mantendo en cartel o espectáculo sobre a memoria da Costa da Morte “Naufraxios”.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Pamela é unha moza que ven de sufrir violencia machista. Pamela xa pode falar dos golpes que recibiu. Pamela namorou crendo nos postulados do amor romántico. Pamela expón como foi entrando, nese círculo , e cuestiona como en España todo segue a ser desigual para homes e mulleres. Pamela recibiu moitos GOLPES , pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por onde foi golpeada. GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir. Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia). GOLPES é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no “savoir faire” da actriz, quen incorpora múltiples personaxes diante dos nosos ollos.Dirección Xosé Leis, Actriz Estíbaliz Veiga, Produción Bernardino Martínez

  • Caché con IVA : 1120.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1300.0 €

  • Técnica