#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Carmen Domech: A carteira de Augasclaras

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : De 4 a 11 anos

  • Duración del espectaculo: 50 minutos

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 627 416 836 - brincadeiraedicions@gmail.com

  • Página web del grupo : https://carmendomech.com/

  • Sinopsis de la compañia :

    Carmen Domech Narradora, titiriteira, buscadora de ecos cos que falar e de historias e contos cos que descubrir o mundo e viaxar. Comezou a súa andaina na narración oral no ano 1987 como membro fundador do colectivo Dingolondango en Madrid. A partir de aí nunca deixou de contar contos. Veu a vivir a Galicia no 1993 e nun par de meses comezou a contar en galego e así continuou a súa andaina de narradora por todo o noso país e máis aló.

  • Sinopsis del espectaculo:

    A carteira reparte o correo na biblioteca. Cada carta vai a contarnos unha historia. A de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo. Rosa Caramelo conta a historia da elefantiña Margarida, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos en igualdade de oportunidades e condicións. Tamén hai unha rapaza que para gustarlle ao seu gran amor vaise desfacendo de aspectos persoais, pero finalmente pensa “Eu vou comigo” e decide ser ela mesma a risco de non gustarlle ao seu amor. Con este contacontos intentamos concienciar aos nenos e nenas en contra da violencia de xénero, potenciar unha orientación non sexista, recoñecer as diferenzas e dificultades sociais de cada xénero e tratarnos con igualdade. A través da narración oral e os monicreques coñeceremos os contos “Artur e Clementina” e “Rosa Caramelo” de Adela Turín, e “Eu vou comigo” de Raquel Díaz Reguera.

  • Caché con IVA : 400.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 400.0 €

  • Técnica