#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

GALEATRO: Carabela

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 3 anos

  • Duración del espectaculo: 50 min.

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Carabela/

  • Sinopsis de la compañia :

    Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos actores Tone Martínez e Alba Bermúdez, ten percorrido gran parte dos centros educativos de Galicia cos seus espectaáculos didácticos De Leria con Castelao, O Contador de Contos, Contos no Faiado e O Xogo das Letras. No 2017 coproduce xunto co FIOT o seu primeiro espectáculo de gran formato Muiñada. A súa vertente artística hai que lle engadir a súa labor de formación teatral, que no último ano chegou a máis de 200 alumnas e alumnos. Galeatro nace coa intención de achegar as artes escénicas a un público familiar, contando, para isto, con dramaturgas galegas vivas. Así, o seu primeiro espectáculo de gran formato, Muiñada, foi escrito por Ana Carreira e a súa segunda montaxe Carabela, por Paula Carballeira. No presente a compañía atópase presentando o seu novo espectáculo wombo combo.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.

  • Caché con IVA : 1910.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2315.0 €

  • Técnica