#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

MAGO TETO: ALQUIMIA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : FAMILIAR

  • Duración del espectaculo: 75

  • Persona representante : MAGO TETO

  • Datos de contacto : 607 384 027 - maxia@magoteto.com

  • Página web del grupo : https://magoteto.com/espectaculos/alquimia/

  • Sinopsis de la compañia :

    MAGO TETO Viana do Bolo (1977). O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia a pesar da súa xuventude.Habitual na Televisión desde os seus inicios, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como “O Afilador”) ou de gran formato ( “A Maxia da Santa Compaña”, "Ultreia" e "Alquimia") e todoterreos como os seus clásicos " Tolemaxias" e " Pequenas grandes maxias" . Organizador de festivales de maxia en diversas partes de España . Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico. ESPECTÁCULOS PRODUCIDOS 1998 A Maxia dos Soños 2003 Tolemaxias 2006 Perto de Ti 2009 A Maxia da Santa Compaña Dirixido por Jose Prieto Elenco: Hector Guerra, Maria Roja, Darío Loureiro, Aitor Rei,Jorge Prieto. Banda en directo: Vadzim Yukhnevich, Harry Price, carlos Freire,Iago Rodríguez 2010 O Afiador (espectáculo de rúa ) 2012 Novas Tolemaxias 2013 Os anos 80 vistos polo mago Teto Dirixido por Jose Prieto Elenco: Hector Guerra, María Roja, Jorge Prieto. Música en directo: Gonzalo Alonso, Beni Gago, Jesús Tejada 2014 A Feira máxica do Mago Teto 2016 25 anos de Tolemaxias 2016 “Íntimo” (A viaxe da miña vida) Dirixido por Eduardo Alonso Elenco: Hector Guerra e Jorge Prieto. 2018 Alquimia Dirixido por Héctor Guerra coa colaboración de Jose Luis Prieto Roca Elenco: Hector Guerra Bailarinas: Lupe Carballo e Xiana Vilas 2020 O camiño do Afiador 2020 Pequenas Grandes Maxias 2021 Ultreia "Ao final do camiño estás ti" Dirixido por Jose Luis Prieto Roca Elenco: Hector Guerra, María Roja, Xiana Vilas,Lupe Carballo,Iván Benjamín Alonso Composición e arranxos musicais: Andrés Álvarez Música en directo: Banda de Música Municipal de Silleda. 2021 As nosas Letras 2023 Rock ´n´Magic Dirixido por Fran Rei Elenco: Hector Guerra Música en directo: Mon Orencio, Fer Risco.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal. O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo. Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “ A gran Obra”. Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, ¡¡a felicidade!!. A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa “ Gran Obra”. Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.

  • Caché con IVA : 1850.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2200.0 €

  • Técnica