#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Fantoches baj: Isaura e Tristán. Contastorias

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 5 anos

  • Duración del espectaculo: 50 min.

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Isaura%20e%20Trist%C3%A1n.%20Contastorias/

  • Sinopsis de la compañia :

    Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía. Co seu espectáculo Os Golfiños e o xigante obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar a partir do libro de Luísa Villalta “As chaves do tempo”. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada co Día das Letras Galegas deste 2024. Esta novela ofrece unha explicación lendaria á desaparición do florecente Reino de Galiza e á imposibilidade da súa recuperación ao longo dos séculos. Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merlín arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: Unha silueta de cabalo, unhas marionetas, un teatriño a modo de pupis siciliano e un Kamishivai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica da usurpación do reino de Galiza pola coroa de Castela, da que eles foron vítimas. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galiza, e seguirán o seu camiño.

  • Caché con IVA : 1000.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1000.0 €

  • Técnica