#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

A Xanela do Maxín: A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : a partir dos 2 anos

  • Duración del espectaculo: 45 minutos

  • Persona representante : A Xanela do Maxín

  • Datos de contacto : 635 364 587 - info@axaneladomaxin.com

  • Página web del grupo : https://axaneladomaxin.com/espectaculos/a-toupina-que-queria-saber/

  • Sinopsis de la compañia :

    A Xanela do Maxín é unha compañía profesional de teatro de obxectos, monicreques e formas animadas que comeza a súa andadura no ano 2007 e na actualidade conta xa con máis 30 espectáculos producidos. Participamos así mesmo, dos seguintes circuítos: Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Cultural da Deputación da Coruña, Rede de Auditorios da Deputación de Ourense, Ler Conta Moito, Circuíto de CiudaDistrito (Madrid), entre outros No 2020 produciu e realizamos o audiovisual “Os Toupiconsellos” para o Fondo de Proxectos Culturais da Xunta e no 2021,“Toupiciencia”. No 2018 publicase a obra “Ula Lúa?”, no 2019 "O Apalpador e a Nena sen medo" e “Pasando a Bóla”, no 2020 “A Viaxe de Saira” e no 2022 “O libro da Toupiciencia” e "Lúa quere viaxar a... Marte!", co selo Guindastre Edicións, con arredor de 5.000 exemplares vendidos.

  • Sinopsis del espectaculo:

    A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento, converténdose en A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo. O ecoloxismo, reutilización e reciclaxe tamén son temas sobre os que xira a totalidade dun espectáculo no que o público terá unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ademais de facer unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é a opción correcta? Con esta obra foméntase a curiosidade, así como o coñecemento e respecto cara os animais. Todo dunha maneira cómica e moi divertida. Estimúlase a intelixencia emocional, e o recoñecemento das diferencias, nun ambiente de expectación e misterio, capaz de encandear ao público.

  • Caché con IVA : 1600.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2100.0 €

  • Técnica