#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LaGriot'te: O Rexurdimento do Divino Sainete

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Xove - Adulto

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : Nazaret López Hombreiro

  • Datos de contacto : 658 689 282 - producciones@lagriotte.es

  • Páxina web do grupo : https://lagriotte.es/wp-content/uploads/Predossier-de-venda-O-Rexurdimento-do-Divino-Sainete.pdf

  • Sinopsis da compañia :

    LaGriot'te é unha compañía fundada e dirixida por: o director de escea e xestor cultural Nazan L. Bamio e a actriz e directora de movemento Sandra Gade. O nome da compañía non é baladí senon unha homenaxe ás linaxes familiares de Griots existentes en África. O Griot ou a Griot é a persoa encargada de manter viva a cultura e tradición do pobo (poemas, cancións, historias, lendas...). Un lixero olvido, e o pobo quedará ferido de por vida ó desprenderse da súa historia un anaco que lles pertencía. Pese a que as homenaxes teñen algo de poético, no noso caso é decisión ideolóxica e política. Un teatro que non olvida para recordar as raíces do noso presente. Coa súa primeira produción, Jácara para un pícaro o la España negra, a compañía recibiu varios premios e recoñecementos: 1º premio do público e 3º premio do xurado no Festeloff, obra seleccionada no Festival SURGE Madrid 2021, residencia artística en espazos escénicos no territorio nacional (INAEM), espectáculo dentro da Red de Teatros de Extremadura e Andalucía.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha xograresa desencantada co teatro. Un poeta perseguido pola Santa Compaña. Dous xornalistas dando as súas testemuñas do xuízo. LaGriot'te decide subir ó escenario para impedir o inicio da función. Mais, por vontade da Santa Compaña, Curros Enríquez (representado cun monicreque de corpo enteiro) aparecerase ante ela cunha soa petición. De súpeto, LaGriot'te verase en medio do xuízo que condeou a Curros acompañándoo durante todo o proceso. Descubrindo segredos sobre o poeta e coñecendo a distintas personalidades que representan os pecados capitais que o poeta tivo que padecer durante a súa vida e semellan moito aquelas situacións das que LaGriot'te se queixaba ó comenzo. A condición humana parece sempiterna. Mentres, os xornalistas, tratan de conseguir a exclusiva das súas vidas.

  • Caché con IVE : 3525 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4370 €

  • Técnica