#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ButacaZero: O ÚNICO QUE VERDADEIRAMENTE QUIXEN TODA A VIDA É SER DELGADA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 629 694 432 - carrodeguas.butacazero@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://butacazero.com/espectaculos/o-unico-que-verdadeiramente-quixen-toda-a-vida-e-ser-delgada/

  • Sinopsis da compañia :

    BUTACAZERO Compromiso co aquí, co agora ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira. Con ela desenvolvemos tanto proxectos propios como propostas externas ás que dar a mellor vida escénica. Propoñemos un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario. A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as nosas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece a linguaxe audiovisual en escena.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.

  • Caché con IVE : 2420 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3146 €

  • Técnica