#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A MAGA FANI / MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA: Unhas RISADAS SORPRENDENTES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: -Espectáculo para todos os públicos: FAMILIAR (de 5 a 155 anos)

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : MARTÍN CAMIÑA-ILUSIONISTA

  • Datos de contacto : 676 135 690 - maxia@martinilusionista.com

  • Páxina web do grupo : http://www.magafani.com/

  • Sinopsis da compañia :

    A MAGA FANI Representacións contra a violencia de xénero, a prol da lingua e cultura, o humor saudable, a bioloxía, a arqueoloxía etc., son o núcleo fundamental do seu traballo. Sempre disposta a loitar contra as desigualdades sociais, crebar clixés e rachar cos estereotipos. O coidado nas presentacións e nos guións dos seus actos fai que cree intres creativos, excéntricos, emotivos e orixinais. -DIRECCIÓN MÁXICA “I N V E N T I O” ESPECTÁCULO DE MAXIA-CIRCO-DANZA https://www.inventio.gal/ Licenciada en Bioloxía Estudos de Ballet Clásico Estudos de Danza-Jazz Estudos de Expresión Corporal Cursos: Expresión Vocal, Canto Vocal e Moderno

  • Sinopsis do espectaculo:

    Benvid@s a unha xuntanza de maxia e gargalladas...a unha menciña natural contra o fastío. Entrade a unha reunión coa finalidade de avivar os hipocampos...a un encontro que precisa, amais da axuda do público, de todo tipo de trebellos e efectos cómicos, a xeito de ilusionismo. “Unhas risadas sorprendentes” bebe de chistes visuais extravagantes para facer aparecer rostros relucentes de ledicia, nunha escolma de actos excéntricos que depuran fígados e mentalidades estáticas. Porén, se desexas aburrirte, este non é un espectáculo recomendable para ti.

  • Caché con IVE : 1600 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2000 €

  • Técnica