#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A FARRA XOUS: ANTÓN, UN NENO DIFERENTE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Tódolos públicos

  • Duración do espectaculo: 60 Min.

  • Persoa representante : SPAIN PROJECT CONSULTING

  • Datos de contacto : 650 707 333 - japampillon@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/drive/folders/1-CfVEwnaQwXgVWwT2NJ4v_sY_A42fxxs?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Espectáculo multidisciplinar de teatro de actores e de monicreques en diversas técnicas (sombras, bunraku, bocones, obxectos…) dirixido a un público familiar e infantil. Utilízanse recursos de iluminación, vídeo e música orixinal para recrear a xeografía e tradicións de Galicia. Entre outras cousas Antón un neno diferente pretende, a través dunha historia fantástica, tocar temas como a migración forzada e os efectos do acoso, destacando a importancia de valores como a tolerancia, o amor, o respecto á diversidade e, sobre todo, a valentía para afrontar os obstáculos e lograr os obxectivos que nos propoñemos. LUIS VÁZQUEZ: Conta cunha ampla traxectoria en teatro de títeres no seu país natal, Venezuela. Realizou xiras por case toda Latino América. Fundador da Compañía Cometa de Cantaura, a cal dirixou por 26 anos e conta con importantes recoñecementos dentro e fora de Venezuela, entre eles o Premio Nacional de Teatro Infantil. Fundou na República Dominicana o Grupo Lúdico Teatro y Títeres e dende hai 3 anos reside en Vigo (Galicia). MANUEL “LOLO” CASTRO: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso co seu personaxe «Lolo» en diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres coma Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef… Clown, actor, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, produtor, director e guionista, mago e xerente da empresa BARAFUNDA S.L. Produción de espectáculos: “Pepiña maruxiña quere voar”; “Antón e o Apalpador”; “Preséntame un pallaso”; “Bambolina”; “Globotolo”; “Censor de Monstros”; “Concerto en clave de Clown”, “Quen dixo medo”; “Maxia Branca”; “Cantacontos: Ollo Piollo”… MANIPULADORES: ACTORES E ACTRICES ALEJANDRO MEJUTO: Actor especializado en comedia do arte e doblaxe audiovisual. Estudos na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia na especialidade de Interpretación Textual. NEREA RODRÍGUEZ: Actriz formada nos obradoiros da Sala Ártika e integrante da agrupación Desfeita Teatro. Estudos na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. ALBA NOGUEIRA: Actriz que compaxina a produción audiovisual ca musical. Actualmente traballando na obra musical A Riso. Estudos na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia na especialidade de Interpretación Textual e máster en Dirección e Xestión en Industrias Culturais e Creativas.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Antón é un neno que naceu fisicamente distinto aos habitantes da súa vila. Os habitantes se burlaban del e reprochábanlle todo o malo que pasaba na vila. Un día unha epidemia de variola infectou a toda a poboación menos a Antón e os veciños decidiron expulsalo da vila. Na súa viaxe atópase camiño dun MONSTRUO (que é realmente o Mago Uxío que está baixo un feitizo e ofrécelle ao neno cumprir un desexo se pode axudarlle a desfacerse deste feitizo), Antón debe conseguir uns moi especiais ingredientes para facer os feitizos necesarios e devolverlle a Uxío os seus poderes e conseguir así ese ansiado desexo. Durante a súa viaxe, Antón coñece a personaxes da tradición oral galega, que son os portadores daqueles ingredientes necesarios para axudar ao MAGO. Edoardo o BIOSBARDO, a vanidosa COCA DE REDONDELA, unha MARUXAINA furiosa e Ramiriño, O DEMIÑO obsesionado cos videoxogos. Antón consegue atopar todo o que precisa para axudar a Uxío e o MAGO dálle a posibilidade de ter non un, senón tres desexos que debe escoller moi ben. Cales serán os tres desexos de Antón?

  • Caché con IVE : 2295 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3495 €

  • Técnica