#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Fantoches baj: Auga que non vas beber

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Auga%20que%20non%20vas%20beber/

  • Sinopsis da compañia :

    Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía. Entre os máis recentes Os Golfiños e o xigante, traballo polo que obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil. Os romeiros do caracol, Auga que non vas beber e un longo etcétera.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo” entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. A obra resultante foi gañadora do premio AGADIC de textos para monicreques para adultos no 2010. A posta en escena está inspirada na figura teatral do cego con monifates, tan presente en Galicia no século XIX, da que se rescata a relación que aí se establecía entre actores e títeres de luva e na que o narrador e tamén actor e manipulador dos personaxes. Deste xeito Inacio fará os papeis de narrador, do padre Damián e do muiñeiro Xosé e Almudena acompañará musicalmente a peza ao tempo que asume o papel da Carolina. Auga que non vas beber é unha comedia musical vivaz na que a participación do público, a modo do teatro de rúa, é fundamental.

  • Caché con IVE : 1000 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1650 €

  • Técnica