#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Malasombra: GO ON!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 65 minutos

  • Persoa representante : Xoque Carbajal

  • Datos de contacto : 696 462 929 - xoquecarbajal@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://malasombra.gal

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía MALASOMBRA é unha empresa de produción e distribución de espectáculos profesionais de teatro en lingua galega dende o ano 2006. Nos últimos 10 anos posiciónase como unha das compañías con maior número de representacións en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Buzz e Neill, son dous aventureiros que percorren o planeta en busca de novos lugares, novas culturas e novas emocións. As súas vidas darán un xiro cando por casualidade, descobren nun vello manuscrito Vikingo a existencia dun lugar chamado Galicia. Nese momento comeza a gran aventura das súas vidas; deciden penetrar naquelas salvaxes e ata entón descoñecida terras para eles. Agora, unha vez recuperados desa terrorífica aventura, percorren o mundo dando conferencias explicando e advertindo dos perigos de achegarse a esas extrañas terras chamadas Galicia, os perigos das súas xentes e o arriscado das súas tradicións. Se algún outro aventureiro quere seguir os seus pasos "logo non digan que non os avisaron do que hai"

  • Caché con IVE : 1452 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1936 €

  • Técnica