#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PEDRAS DE CARTÓN: QUIXOTE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil a partir de 4 anos

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Quixote/

  • Sinopsis da compañia :

    Pedras de cartón nace en 2019 na Coruña coa intención de adaptar os clásicos da literatura. Crean propostas para toda a familia cunha clara aposta por explorar novas linguaxes e estéticas co obxectivo de promover o gusto das máis pequenas polas novelas clásicas. A compañía conta con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Quixote é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón que nesta ocasión escolleu o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, para contalo en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, traballa as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. Nunha proposta chea de humor e case sen palabras, Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas. A montaxe pode realizarse en sala, en rúa e incluso realizarase unha adaptación para accións de rúa.

  • Caché con IVE : 1800 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2000 €

  • Técnica