#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Carmen Domech: Onde viven os monstros

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: De 3 a 11 anos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 627 416 836 - brincadeiraedicions@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://carmendomech.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Carmen Domech Narradora, titiriteira, buscadora de ecos cos que falar e de historias e contos cos que descubrir o mundo e viaxar. Comezou a súa andaina na narración oral no ano 1987 como membro fundador do colectivo Dingolondango en Madrid. A partir de aí nunca deixou de contar contos. Veu a vivir a Galicia no 1993 e nun par de meses comezou a contar en galego e así continuou a súa andaina de narradora por todo o noso país e máis aló.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak, acompañada de pequenos contos monstruosos: "Onde viven os monstros" Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hai que respectar aos demais. "Monstros na comida" Ao chegar a casa coa compra do supermercado, descubrín asombrada que tiña monstros na comida. Uns graciosos monicreques monstruosos van saíndo de diferentes comidas, para contarnos quen son e por que non queren estar alí. "O monstro de cores" Baseado no libro de Anna Llenas. Uns monicreques representan o conto 0 monstro de cores. O monstro precisa un pouco de axuda do público para identificar as súas emocións e descubrir que sucesos e situacións poden levalo a ser un monstro de diferentes cores. Entre todas e todos conseguiremos ordenar o barullo que ten coas súas emocións.

  • Caché con IVE : 400 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 400 €

  • Técnica