#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

INVENTI TEATRO: MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Marcho%20que%20te%C3%B1o%20que%20marchar/

  • Sinopsis da compañia :

    Inventi Teatro produce a peza interpretada por Bea Campos: actriz, narradora e presentadora. Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérca. Forma parte da compañía "Migallas Teatro" con diferentes espectáculos para público dende os 6 meses ata os 100 anos. No mundo do teatro é cofundadora na compañía Inventi Teatro e participou como actriz profesional en diferentes compañías galegas (Inversa Teatro, Avento Produccións, Triatreros, Arelas das Artes etc. ) É formadora no eido da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil. Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais ; documentais, series e programas de televisión.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Marcho que teño que marchar é unha divertida sesión de contos e tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdade de xénero. É un cesto trenzado con historias protagonizados por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosa. Nun escenario convertido na casa familiar, Bea Campos relata secretos sobre a súa familia mentres cociña, bebe e traballa entre cancións, coplas e conxuros. Marcho que teño que marchar estivo programado no Festival Cabaret da Cidade de México en 2023. "Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opción, calar para sempre ou artellar un divertido e teatral espectáculo de narración oral. Iso si, tédesme que gardar o segredo xa que todo o contado sucedeu de verdade!"

  • Caché con IVE : 695 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1405 €

  • Técnica