#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

AMORODIO TEATRO: CORTELLO DE AMOR

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +12

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 666 129 454 - amorodioteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://amorodioteatro.com/espectaculos

  • Sinopsis da compañia :

    AMORODIO Teatro, conformada por Carmen Facorro e Javier Castiñeira, naceu da eterna contradición entre o amor e o odio hacia a nosa terra. Como galegas, temos moi arraigado esa frase de “amor do que marcha e odio do que queda” e nós, como sempre dicimos: “non queremos marchar, queremos ficar aquí”. Reino da extinción foi o noso debut como compañía no ano 2021, con A Nai a nosa segunda produción, conseguimos consolidarnos. Neste segundo proxecto, dirixido por Marián Bañobre e cuxa dramaturxia correu a cargo de Laura Porto, obtivemos o premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade e a nominación a Mellor texto orixinal nos Premios María Casares 2024. Cortello de amor, é a nosa terceira produción.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Jack e Rose son unha parella de mozos que unha noite decide durmir no faiado para deixarlle o seu apartamento ao seu grupo de música favorito. A súa paixón reavívase nese pequeno espazo, e teñen a idea de sacar un extra alugando o apartamento a turistas mentres eles pasan as noites no seu niño de amor. Cando as cousas comezan a complicarse de modos insospeitados (con tramas de espionaxe, especulación inmobiliaria, veciña lercha, sedutor italiano e natación con porcos) terán que preguntarse se acaso o seu niño non será un cortello… E todo o que fixeron, unha merda. Cortello de Amor é unha comedia física e de enredo, dirª Marián Bañobre, escrita por Laura Porto e cunha B.S.O. por Grande Amore.

  • Caché con IVE : 2473 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3091 €

  • Técnica