#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Rudi Dudi: Clownamorado

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Público infantil

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 622 434 88 - oficina360scoopgalega@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/clownamorado

  • Sinopsis da compañia :

    Nacido en Genk (Bélxica), Rudi Dudi leva toda a vida no teatro, no novo circo e nas actuacións polas rúas. Formouse na Escola de Mimos de Antwerpen e nos anos oitenta traballou como actor, director e autor teatral en Bélxica. Nos noventa, accedeu ao circuíto de Teatro na Educación de Irlanda e tras case unha década dedicado á narración oral naquel país, centrouse na súa carreira de clown, xirando por toda Europa até que decide instalarse en 2005 como artista total en Galicia. Rudi ten alma de viaxeiro, de vagabundo, de nómade. Dende moi novo, acompáñao unha das súas mellores pertenzas. A máis querida, a máis especial. Unha maleta máxica que herdou do seu avó. Aló garda toda a súa vida, un mundo enteiro, todo o que precisa para vivir e facer rir. Nesa maleta non falta nin o seu talento nin o seu humor e, desde logo, o que nunca falta é o nariz vermello de pallaso.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Sobe o pano, comeza a función. Pero nada máis arrincar, o clown namórase tolamente dunha persoa do público. O seu corazón vai a mil, ponse tímido e nervioso e perde a concentración. O show cambalea e todo sae do revés, canto máis intenta impresionar ao/a seu/súa namorado/a, máis aumenta o caos.

  • Caché con IVE : 847 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 847 €

  • Técnica