#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Sempre Arriba: Hoxe Si!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todo público

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : Marta Iglesias

  • Datos de contacto : 646 314 995 - marta@semprearriba.com

  • Páxina web do grupo : https://semprearriba.com/gl/hoxe-si/

  • Sinopsis da compañia :

    Sempre Arriba é a compañía de clown e circo coa que me presento, son Marta Iglesias, clown, artista de circo, directora e formadora. En 2018 inicio a miña andaina en solitario creando e presentando os espectáculos Oda ao Amor (2018), C´est pas Possible (2019) e Hoxe Si! (2023) nos que desfruto empregando o clown como elemento comunicativo combinándoo coa acrobacia aérea. En 2017, fun galardoada co premio a mellor actriz no Festival de Teatro de Mora, coa compañía Immaginario Teatro, e en 2020, o premio do xurado ao mellor espectáculo con Oda ao Amor, no Encuentro de Payasas Mujeres con Narices, en Gran Canaria. Hoxe en día, teño o pracer de representar os meus espectáculos, impartir formacións de clown, dirixir e acompañar como mirada externa en procesos creativos, e colaborar con outras compañías. CV Marta Iglesias http://semprearriba.com/wp-content/uploads/2019/01/cv-marta-iglesias.pdf

  • Sinopsis do espectaculo:

    Hoxe é o día. Hoxe Ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “SOÑOS PENDENTES POR CUMPRIR´´ Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para Mañá. Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a desfrutar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobre todo moito humor, no que con toques de nostalxia cómica, interactúase de maneira directa co público, convidándolle a ser partícipe desta Festa do Hoxe Si!

  • Caché con IVE : 1430 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2090 €

  • Técnica