#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BANDULLO AZUL: VICKI E A FELICIDADE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : COPERACTIVA CULTURAL SL

  • Datos de contacto : 622 434 488 - administracion@coperactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/vicki-e-felicidade

  • Sinopsis da compañia :

    Bandullo Azul é unha compañía de teatro que naceu en 2012, formada polos actores e cómicos Fran Ameixeiras e Fran Campos e homenaxeando co seu nome ao mítico pioneiro dos monicreques galegos Barriga Verde. Fran Campos formouse en escolas de teatro, así como en obradoiros e clases maxistrais con mestres e mestras como Leo Bassi, Claudia Contín, Anton Valén, Jos Houben… Ademáis de ser membro fundador de Bandullo Azul, leva máis de dez anos e 300 funcións co Padre Merino, un espectáculo no que se mesturan o clown, o bufon, maxia, música… Fran Ameixeiras tamén se formou con artistas de prestixio como Carlo Colombaioni, Blanca del Barrio ou Eric de Bont, participou da creación do GTO 100Tolas e percorreu os escenarios do país co seu alter ego, o pallaso Mentalini. Como compañía, estreáronse con unha versión clown da historia de Robinson Crusoe, A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres, dirixida polo actor, cómico e director Evaristo Calvo, quen repetiu dirección no segundo espectáculo da compañía, PLAY: historia de Maestro & Pupilo, de creación propia. Bandullo Azul ten participado en varios festivais de teatro e clown tanto en Galicia como en Portugal, subíndose aos escenarios e actuando a pé de rúa.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar, vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da aldea. Unha viaxe chea de personaxes curiosos, onde a vida de Vicki e a dos seus veciños e veciñas mudará para sempre. Vicki e a felicidade é a viaxe iniciática dun neno que está descubrindo o mundo e as emocións que nel habitan. Unha viaxe chea de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos coidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.

  • Caché con IVE : 1573 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1573 €

  • Técnica