#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Teatro Playback Galicia: Mira a túa historia

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Non recomendado para público infantil, pero tampouco restrinxido

  • Duración do espectaculo: 90 minutos

  • Persoa representante : Darío Gómez González

  • Datos de contacto : 626 241 238 - playbackgalicia@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1X_hA3erGVwYncnmlx2sEGOB_gLnXoyJo/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro Playback Galicia é a primeira compañía de Teatro Playback de Galicia, que ten por misión dar a coñecer esta ferramenta de teatro aplicado. O Teatro Playback é un tipo de teatro no que as historias contadas polo público se representan mediante técnicas de improvisación. Cada pase é completamente único e irrepetible, con historias sempre inéditas. É un teatro de éxito internacional, con implantación en máis de 70 países, que ten usos en educación, traballo social e psicoterapia; pero tamén é moi satisfactorio como espectáculo de lecer. Os asistentes a unha función non son meros espectadores, senón potenciais protagonistas da obra. Moita xente deixa unha representación de Teatro Playback con ganas de ir á seguinte para ter outra oportunidade de contar e ver representada a súa historia. Nunha representación de Teatro Playback, xérase un espazo de intimidade. Ó poder compartir historias das nosas vidas en directo, e velos encarnadas, prodúcese un sentimento de fraternidade e comprensión mutua. Ó entender o punto de vista dos que nos acompañan, cunde a empatía. O Teatro Playback humaniza e dá voz aos que non a teñen. É unha disciplina que promove o respecto, a escoita, a comprensión, o diálogo e a conexión interpersoal.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Recordas o momento mais feliz da túa vida? Ou ese intre que che fixo cambiar para sempre a túa perspectiva sobre as cousas? Ven a revivir eses momentos. A nosa compañía está preparada para representar o que nos conte o público por medio da improvisación. Ven, senta na butaca e, cando pidamos historias, podes contar a tua. Ven ver a túa vida nunha obra de teatro. Porque a túa historia merece ser contada.

  • Caché con IVE : 2904 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3388 €

  • Técnica