#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARÍA DA PONTRAGHA E BLEUENN LE FRIEC: Contos entre cordas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: a partir dos 16 anos.

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 645 053 589 - ola@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://www.youtube.com/watch?v=C2BdjKs3E9g

  • Sinopsis da compañia :

    María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade. Bleuenn Le Friec é unha arpista bretoa, galega de adopción. Formada em arpa celta e clássica, e é con este instrumento que desenvolve hoxe a súa vida musical (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta del Gran Teatre del Liceu, ...) como na música de raíz galega (Zumaque, Uxía, Xoan Curiel,...).

  • Sinopsis do espectaculo:

    En “Contos... entre cordas”, recorremos un mesmo camiño en busca dun lugar común entre as nosas dúas formas de expresión. Entre a palabra e a música ideamos a maneira de achegar a arpa e o seu repertorio a lugares onde non adoita escoitarse. A música clásica faise máis cercana atravesada polos contos que traemos. Mostrarémosche o vínculo entre as rosquillas e a música romántica, entre a tradición oral galega e o repertorio da arpa clásica, entre os contos e as cordas.

  • Caché con IVE : 847 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1089 €

  • Técnica