#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

GALEATRO: Arte sen guión

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Arte%20sen%20gui%C3%B3n/

  • Sinopsis da compañia :

    Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos actores Tone Martínez e Alba Bermúdez, ten percorrido gran parte dos centros educativos de Galicia cos seus espectáculos didácticos De Leria con Castelao, O Contador de Contos, Contos no Faiado e O Xogo das Letras. No 2017, coproduce xunto co FIOT, o seu primeiro espectáculo de gran formato Muiñada. Á súa vertente artística hai que lle engadir a súa labor de formación teatral, que no último ano chegou a máis de 200 estudantes. Galeatro nace coa intención de achegar as artes escénicas a un público familiar, contando para isto con dramaturgas galegas vivas coma Ana Carreira ou Paula Carballeira. Con A Arte sen guión pretendemos dar un paso máis na compañía achegándonos ao público adulto e xuvenil sen esquecer as nosas raíces e creada en coprodución co Centro Dramático Galego

  • Sinopsis do espectaculo:

    A derradeira banda de comedia da Idade Media quere presentar ante o público un espectáculo coma os que representaban na sua época… pero con tanta festa e tanta viaxe no tempo esqueceron todos os seus diálogos. Ante a imposibilidade de atopar os escritos do seu repertorio, tratarán de improvisar o seu número, deixando que a intuición, o oficio e a música sexan a guía para levar a cabo unha función ao máis puro estilo do seu século. Arte sen guión é unha peza teatral excepcionalmente divertida baseada na improvisación e no teatro cómico e onde o público ten un papel moi importante. Arte sen guión é a primeira produción para público adulto da compañía Galeatro, unha coprodución do Centro dramático Galego con presencia en festivais tan relevantes como a MIT de Ribadavia ou o Festival internacional de Teatro clásico de Almagro entre outros. Conta coa dirección e dramaturxia de Miguel Canalejo, un elenco formado por: Alba Bermu´dez, Tone Martínez, Miguel Canalejo e Alba Nogueira, do espazo sonoro encárgase Nacho Martín e do espazo escénico e vestiario Anahí Taraburelli

  • Caché con IVE : 2870 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3395 €

  • Técnica