#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MAGO TETO: PEQUENAS GRANDES MAXIAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 75

  • Persoa representante : MAGO TETO

  • Datos de contacto : 607 384 027 - maxia@magoteto.com

  • Páxina web do grupo : WWW.MAGOTETO.COM

  • Sinopsis da compañia :

    MAGO TETO Viana do Bolo (1977) O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia a pesar da súa xuventude.Habitual na Televisión desde os seus inicios, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como “O Afilador”) ou de gran formato ( “A Maxia da Santa Compaña”, "Ultreia" e "Alquimia") e todoterreos como os seus clásicos " Tolemaxias" e " Pequenas grandes maxias" . Organizador de festivales de maxia en diversas partes de España . Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico. ESPECTÁCULOS PRODUCIDOS 1998 A Maxia dos Soños 2003 Tolemaxias 2006 Perto de Ti 2009 A Maxia da Santa Compaña Dirixido por Jose Prieto Elenco: Hector Guerra, Maria Roja, Darío Loureiro, Aitor Rei,Jorge Prieto. Banda en directo: Vadzim Yukhnevich, Harry Price, carlos Freire,Iago Rodríguez 2010 O Afiador (espectáculo de rúa ) 2012 Novas Tolemaxias 2013 Os anos 80 vistos polo mago Teto Dirixido por Jose Prieto Elenco: Hector Guerra, María Roja, Jorge Prieto. Música en directo: Gonzalo Alonso, Beni Gago, Jesús Tejada 2014 A Feira máxica do Mago Teto 2016 25 anos de Tolemaxias 2016 “Íntimo” (A viaxe da miña vida) Dirixido por Eduardo Alonso Elenco: Hector Guerra e Jorge Prieto. 2018 Alquimia Dirixido por Héctor Guerra coa colaboración de Jose Luis Prieto Roca Elenco: Hector Guerra Bailarinas: Lupe Carballo e Xiana Vilas 2020 O camiño do Afiador 2020 Pequenas Grandes Maxias 2021 Ultreia "Ao final do camiño estás ti" Dirixido por Jose Luis Prieto Roca Elenco: Hector Guerra, María Roja, Xiana Vilas,Lupe Carballo,Iván Benjamín Alonso Composición e arranxos musicais: Andrés Álvarez Música en directo: Banda de Música Municipal de Silleda. 2021 As nosas Letras 2023 Rock ´n´Magic Dirixido por Fran Rei Elenco: Hector Guerra Música en directo: Mon Orencio, Fer Risco.

  • Sinopsis do espectaculo:

    PEQUENAS GRANDES MAXIAS é unha viaxe os soños do mago Teto. Soños enfocados directamente a mente dos públicos. Soños con elementos pequenos, como poden ser libros, móbiles, moedas, naipes… e incluso simplemente palabras e sombras pero sempre cun resultado máxico moi grande. Soños que farán ó espectador atravesar o espello do mundo real ao mundo da fantasía, tal cal Alicia, e sentir unha serie de emocións únicas e irrepetibles. Viaxes imposibles de elementos dos espectadores, ruletas rusas canto menos curiosas, predicións dos números dun sorteo de lotería moi peculiar, estranas coincidencias e incluso o intento por parte do mago de explicar algún xogo….son algúns dos soños que se poden ver nestos 75 minutos de maxia e humor da man do mago Teto, o seu show máis persoal e novidoso.

  • Caché con IVE : 1500 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200 €

  • Técnica