#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

VERO RILO: TRALALAREIRA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: adulto

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : VERONICA MARTINEZ MARTINEZ

  • Datos de contacto : 622 434 488 - info@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/tralalareira

  • Sinopsis da compañia :

    Vero Rilo é narradora oral.Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público. A música está moi presente nos seus traballos a dúo aínda que, por máis que o intente, nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto. Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio. Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde” Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre…

  • Sinopsis do espectaculo:

    TRALALAREIRA é un espectáculo de narración oral e música para público adulto. Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os d´Abaixo...) ao acordeón. Este espectáculo nace da boca dunha muller, da señora Isolina, Ai neniña, o que se contaba darredor dun lume, que dicía ela. Esa frase fixo prender a lareira, e que cociñásemos historias de vida, de tradición oral e contos de autor/a xunto con músicas para cantar acompañadas.

  • Caché con IVE : 968 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 968 €

  • Técnica