#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MATRIOSHKA TEATRO: COMADRES EN ACCIÓN

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: adulto

  • Duración do espectaculo: 35 minutos

  • Persoa representante : ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 622 434 488 - artefeito@artefeito.gal

  • Páxina web do grupo : https://matrioshkateatro.com/comando-comadres/

  • Sinopsis da compañia :

    Matrioshka Teatro naceu no ano 2013 da man de 3 actrices, Anabell Gago, Chelo do Rejo e Lorena Conde, para facer un teatro onde as intérpretes estean no centro da creación. Creamos dramaturxias a pé de escena, sen deixar de lado unha estética coidada, o sentido do humor, a frescura e a naturalidade de romper e volver levantar a cuarta parede cando se tercia, envolvendo ó público con nós. Apostamos por camiños intermedios, por linguaxes mesturadas que transitan neses lugares de intersección, de recollida e cruzamento entre o teatro máis clásico e o contemporáneo. Alimentámonos do legado das xeracións que foron antes ca nós, repousamos o vivido, e compartímolo coas persoas que están, sen deixar de pensar nas que virán. Somos teatro de partillar e coidar. Mulleres que guían, mulleres que homenaxean, mulleres que acubillan, así como nós tamén o fomos por outras.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “As comadres camufladas de "Pititas", infíltranse no espazo público co pretexto de realizar unha colecta benéfica. Pronto revelan a súa auténtica identidade e o seu obxectivo que é o de poñer en evidencia algunhas das inxustizas sexistas coas que convivimos día a día, para que as poidamos cuestionar e consigamos erradicalas”.

  • Caché con IVE : 1936 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2783 €

  • Técnica