#TRANSPARENCIA
Indicadores de transparencia
Deputación de Pontevedra
A publicación dos indicadores de transparencia está orientada a medir o nivel de transparencia da Deputación a través da avaliación de datos e da información publicada no portal institucional. A Deputación de Pontevedra, como mostra do seu compromiso coa transparencia e na busca dunha cidadanía informada, publica unha lista de indicadores que recollen dun xeito global a información dispoñible na web agrupada en distintos ámbitos de actuación.
Os indicadores de transparencia son auditados por Dyntra, unha plataforma colaborativa que traballa na medición e xestión de goberno aberto a través da análise dos datos públicos dun xeito non partidista e obxectivo. Con estes datos elabóranse distintas clasificacións, entre elas a das deputacións provinciais.
Información sobre a Deputación
- Información sobre os cargos electos e o persoal
- Os datos biográficos da presidencia e das deputadas e deputados
- Os enderezos electrónicos da presidencia e das deputadas e deputados
- Ligazón ás redes sociais das deputadas e dos deputados
- A relación de cargos (postos) de confianza da Deputación e o importe individual das súas retribucións
- De forma completa, a relación de postos de traballo (RPT) da Deputación
- Retribucións percibidas pola presidencia e as e os deputados
- As retribucións percibidas polos altos cargos (cargos electos polo menos) da Deputación e das e dos máximos responsables das entidades participadas por esta
- As indemnizacións percibidas polo abandono dos cargos
- O Rexistro de intereses de actividades e de bens contemplado na Lei de bases de réxime local
- O réxime de dedicación dos cargos electos e as súas retribucións
- As resolucións ditadas polo órgano competente sobre a compatibilidade das actividades privadas que os cargos van realizar
- A declaración da renda das deputadas e dos deputados
- A declaración da renda das e dos máximos responsables das entidades dependentes e participadas por a Deputación
- A declaración da renda dos cargos de libre designación
- A nómina das deputadas e dos deputados
- A nómina dos cargos de libre designación
- A nómina das e dos máximos responsables das entidades dependentes e participadas por ela
- A declaración patrimonial e bens das deputadas e dos deputados
- A declaración patrimonial e bens das e dos máximos responsables das entidades dependentes e participadas por ela
- A declaración patrimonial e bens dos cargos de libre designación
- Os importes devindicados por asistencia a plenos, comisións e axudas de custo das deputadas e dos deputados
- Os importes devindicados por asistencia a plenos, comisións e axudas de custo dos cargos de libre designación
- Os importes devindicados por asistencia a plenos, comisións e axudas de custo das e dos máximos responsables das entidades dependentes e participadas por ela
- O currículo das deputadas e dos deputados
- O currículo dos cargos de libre designación
- O currículo das e dos máximos responsables das entidades dependentes e participadas pola Deputación
- O organigrama da Deputación
- A axenda das deputadas e dos deputados
- Gastos de viaxe orixinados polo presidente e polas deputadas e os deputados
- Información sobre a organización e o patrimonio da Deputación
- Órganos de Goberno e as súas funcións
- Relación de postos de traballo (RPT) ou cadro de persoal dos organismos descentralizados, entes instrumentais e sociedades provinciais
- Relación de inmobles (oficinas, locais etc.), tanto propios como en réxime de arrendamento, ocupados e/ou adscritos á Deputación
- Relación de bens mobles de valor histórico-artístico e/ou os de alto valor económico da Deputación
- Inventario de bens e dereitos da Deputación
- Datos sobre os vehículos oficiais
- Datos sobre o parque móbil da Deputación
- Datos sobre o parque móbil das EE. PP..
- Información sobre a estrutura da Deputación
- Regulamentos orgánicos da Deputación e a normativa de desenvolvemento da súa capacidade de autoorganización
- Lista actualizada e datos básicos das entidades públicas e privadas nas que ten participación a Deputación (organismos autónomos, entes dependentes, consorcios, sociedades provinciais etc.), así como ligazóns ás súas webs
- Censo de demarcacións e entidades da provincia:
- Indicadores sobre datos e cifras da provincia: pirámides de poboación, renda per cápita, índice de desemprego, porcentaxe de superficie forestal, porcentaxe de superficie de explotación agraria e gandeira, cifras de turismo provincial, gasto medio por cidadá ou cidadán
- A información ambiental, educativa e sobre asistencia social (atención á terceira idade: residencias, centros de día, visitadoras e visitadores etc.) pertencente ao ámbito da provincia
- Plan de responsabilidade social corporativa
- Información sobre normas e institucións provinciais
- Ordes do día dos plenos provinciais con anterioridade á súa celebración
- Actas dos plenos provinciais
- Ordes do día da Xunta de Goberno con anterioridade á súa celebración
- Actas das xuntas de Goberno
- Orde do día das reunións dos órganos colexiados con anterioridade á súa celebración
- Actas das reunións do Goberno e dos órganos colexiados
- Preguntas de control emitidas ao Goberno por parte da oposición
- Emítense os plenos a través de internet e/ou existe un arquivo audiovisual histórico en liña deles?
- Ordenanzas y reglamentos propios
- "Código ético ou de bo goberno" da Deputación
- Ordenanza de transparencia
- Resolucións xudiciais
- Asignacións anuais aos grupos políticos provinciais
- Planificación e organización da Deputación
- Plans e programas anuais e plurianuais nos que se fixan obxectivos concretos, así como as actividades, medios e tempo previsto para a súa consecución
- Acordos ou pactos reguladores das condicións de traballo e convenios colectivos vixentes
- Memorias e informes que conforman os expedientes de elaboración dos textos normativos con ocasión da súa publicidade
- Documentos que, conforme á lexislación vixente, deban ser sometidos á información pública durante a súa tramitación
- Relación actualizada das normas que estean en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación
- Plan estratéxico de igualdade de xénero en base á Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
- Política de xestión documental e de arquivo
- Regras e procedementos vixentes para a eliminación de documentos
- Identificación das persoas que forman parte dos órganos de representación do persoal
- Os procesos de selección de persoal
- Publícanse datos anuais sobre absentismo laboral
Comunicación e publicidade institucional
- Comunicación pública
- A institución dispón dunha web 2.0
- A web institucional é responsive design (adaptativa para dispositivos móbiles)
- Existe un módulo de noticias na web
- Publícanse noticias sobre as actuacións das e dos membros do goberno relacionadas coa rendición de contas
- Publícanse rogos e preguntas sobre as actuacións dos membros da oposición relacionadas co control da xestión do goberno
- Pódese ver o mapa da propia web da Deputación
- Existe un módulo na web institucional que permite a accesibilidade universal á información publicada
- Existe un buscador indexado dentro da páxina web da Deputación
- Especifícase un correo de contacto para cada departamento
- Existe un portal de transparencia ou atópase a información de transparencia de forma estruturada dentro da web institucional
- Existe na web un espazo para os distintos grupos políticos representados na Deputación
- Ten integrada as redes sociais da Deputación
- Existe un mapa de redes sociais da Deputación
- Integra a cronoloxía das principais redes sociais da Deputación
- Ten integrada unha canle de vídeo dixital
- Dispón de taboleiro de anuncios en liña
- Existe unha caixa de correo da ou do presidente
- Existe unha caixa de correo de queixas e reclamacións
- Os datos publícanse en formato aberto (XML, CSV....)
- Existe un acceso en liña ao Boletín Oficial da Provincia e ao seu arquivo histórico
- Tradúcese a páxina web ao inglés
- E-administración
- A institución dispón dun portal de administración electrónica
- A institución dispón de ferramentas en liña para realizar trámites relacionados cos entes locais e con outras administracións
- A institución dispón de ferramentas en liña para realizar trámites relacionados cos recursos humanos e as ofertas de emprego
- A institución dispón de ferramentas en liña para realizar trámites como o pago de taxas, impostos e servizos
- Pódense realizar tramitacións administrativas, permisos e licenzas en liña polas persoas interesadas garantindo a protección de datos de carácter persoal
- M-government (mobile government)
- Dispón a Deputación de aplicacións móbiles que permitan o acceso á información pública
- Dispón a Deputación de aplicacións móbiles enfocadas á xestión de trámites administrativos
- A Deputación dispón de aplicacións móbiles enfocadas ao turismo, transporte, tráfico, medio ambiente, formación, recursos humanos, fondos bibliotecarios e/ou á axenda cultural e de actividades da provincia
- Estas aplicacións están dispoñibles polo menos para o 75 % da poboación (iOS e Android)
- OPEN DATA
Participación e relación coa cidadanía
- Información e atención á cidadanía
- As e os interesados poden seguir en liña o estado de tramitación e as incidencias do procedemento administrativo que formulasen
- Existe e infórmase sobre cartas de servizos provinciais e do grao de cumprimento dos compromisos establecidos nelas
- Existen e publícanse as accións de apoio para colectivos como cidadáns discapacitados, desempregados, mocidade etc. (as axudas a Municipios ou as directamente realizadas pola Deputación)
- Publícase a axenda de actividades provinciais e cidadás
- Está indexada toda a información de transparencia dentro da web institucional ou do portal de transparencia
- Existe unha unidade de transparencia e indícanse as súas funcións, os datos de contacto e a persoa responsable dela
- Grao de compromiso coa cidadanía
- Plan estratéxico (ou mapa estratéxico) provincial
- Regulamento de participación cidadá
- Existe unha oficina de atención cidadá
- Publícanse os plans estratéxicos de subvencións dos órganos da Deputación e as bases reguladoras de cada tipo de subvención
- Existe unha oficina de atención cidadá en liña
- Existe unha delegación de goberno aberto, novas tecnoloxías e participación cidadá
- Existe algunha ferramenta ou formulario en liña que permita ás e aos cidadáns solicitar información pública aos diferentes departamentos da Deputación
- Existe unha ferramenta ou formulario que lle permita á cidadanía realizarlles propostas ou peticións aos órganos de goberno da Deputación
- Publícase información relativa á rendición de contas a través dalgunha ferramenta ou visor que permita coñecer o grao de cumprimento dos compromisos electorais e/ou de goberno durante a lexislatura
Transparencia económico-financeira
- Información contable e orzamentaria
- Alegacións formuladas aos orzamentos no período de información pública
- Modificacións orzamentarias aprobadas polo Pleno e a Xunta de Goberno
- Informes periódicos da execución do orzamento
- Estudos sobre custos/rendementos dos servizos públicos prestados, diferenciando entre os servizos obrigatorios e os non obrigatorios
- Obxectivo de estabilidade orzamentaria (déficit cero e/ou déficit excepcional en base a indicadores), a regra de gastos e o límite de débeda tanto na formulación do Orzamento inicial como a súa liquidación
- Destino do superávit da Deputación cando este se produce
- Orzamentos dos organismos descentralizados, entes instrumentais e empresas públicas
- Indicador: superávit ou déficit por habitante (resultado orzamentario axustado/núm. de habitantes)
- Indicador: autonomía fiscal (dereitos recoñecidos netos de ingresos tributarios/dereitos recoñecidos netos totais)
- Transparencia nos ingresos e gastos provinciais
- Indicadores de eficiencia e/ou eficacia do gasto na prestación dos servizos públicos por parte da Deputación Provincial (en función do indicado polo Texto refundido da Lei de facendas locais (art. 211) e pola Lei xeral orzamentaria)
- Información mensual remitida ao Ministerio de facenda e Administracións Públicas en cumprimento da Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, sobre as obrigacións de suministración de información previstas na Lei Orgánica de Estabilidade
- Indicador: autonomía fiscal (dereitos recoñecidos netos de ingresos tributarios/dereitos recoñecidos netos totais)
- Indicador: ingresos fiscais por habitante (ingresos tributarios/núm. de habitantes)
- Indicador: gasto por habitante (obrigas recoñecidas netas/núm. de habitantes)
- Indicador: investimento por habitante (obrigas recoñecidas netas, cap. VI e VII/núm. de habitantes)
- Transparencia nas débedas provinciais
- O importe da débeda pública
- Os datos acerca da evolución da débeda en comparación con exercicios anteriores
- O importe da débeda financeira da Deputación, os seus prazos e características básicas
- Indicador: endebedamento por habitante (pasivo esixible, financeiro/núm. de habitantes)
- Indicador: endebedamento relativo (débeda provincial/Orzamento total da Deputación)
- Indicador: periodo medio de cobro (dereitos pendentes de cobro (Cap. I a III) x 365 / Dereitos recoñecidos netos)
- Indicador: período medio de pagamento (obrigas pendentes de pagamento x 365/obrigas recoñecidas netas)
- Informe de Intervención sobre cumprimento dos períodos de pagamento a provedores
- Informes de morosidade trimestral aprobados polo Pleno
- Información económica e orzamentaria
- Orzamentos da Deputación, con descrición das principais partidas orzamentarias
- As contas anuais/conta xeral da Deputación (balance, conta de resultado económico-patrimonial, memoria e liquidación do Orzamento)
- Os informes de auditoría de contas e os de fiscalización por parte dos órganos de control externo (Cámara ou Tribunal de Contas), da Deputación e das entidades do sector público municipal
- Aprobación do Orzamento
- Memoria do Orzamento
- Estado de consolidación
- Informe económico-financeiro
- Informe de estabilidade orzamentaria
- Bases de execución orzamentaria
- Contas anuais EE. PP. (balance, conta de resultados, memoria e liquidación)
- Información trimestral ou semestral sobre liquidación orzamentaria
Contratación de servizos
- Procedemento de contratación de servizos
- Relacións e operacións coas e cos provedores e contratistas
- Lista e/ou contía das operacións coas e cos adxudicatarios e contratistas máis importantes da Deputación
- Contratos formalizados
- Modificacións dos contratos formalizados
- Contratos menores formalizados
- Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario de contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público
- Información sobre a normativa vixente de contratación pública
- Convenios subscritos, con mención das partes asinantes, o seu obxecto e, no seu caso, as obrigacións económicas convidas
- Subvencións e axudas públicas concedidas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade e beneficiarias ou beneficiarios
- Encomendas de xestión asinadas pola entidade
- Concesións administrativas asinadas pola entidade
- Gasto público realizado en campañas de publicidade institucional
- Relación de contratos públicos de emerxencia asociados ao estado de alarma, así como a afectación por esta circunstancia dos contratos adxudicados e en avaliación (suspensión, resolución, desistencias, etc.)
Servizos e apoio aos municipios
- Plan de Obras e Servizos
- Xestión tributaria
- Asistencia e cooperación xurídica e económica
- Catálogo dos servizos en materia de asistencia e cooperación, xurídica e económica, que poidan solicitar os municipios e outras entidades locais da provincia
- Catálogo dos servizos en materia de asistencia e cooperación económica que poidan solicitar os municipios e outras entidades locais da provincia
- Estudos sobre as diferentes zonas e/ou demarcacións da provincia
- Asistencia técnica urbanística, de administración electrónica e contratación centralizada e informática
- Catálogo dos servizos en materia de asistencia técnica urbanística que poidan solicitar os municipios e outras entidades locais da provincia
- Catálogo dos servizos en materia de asistencia técnica informática e telemática e ofertas de contratación centralizada que poidan solicitar os municipios e outras entidades locais da provincia
- Outra información sobre servizos
- Número e distribución dos cargos e postos de traballo asignados aos servizos fundamentais que desempeña a Deputación (Plan de Obras e Servizos, xestión tributaria, asistencia e cooperación económica, asistencia técnica urbanística, asistencia informática e telemática, etc.)
- Mapa coa distribución e os enlaces das vías provinciais e os quilómetros e o seu estado de conservación
- Servizos públicos que están xestionados a través de concesionarios e actividades administrativas externalizadas (realizadas mediante contratos de asistencia técnica)
O presidente
- Transparencia sobre o cargo
- Datos biográficos
- Currículo
- Enderezos electrónicos
- Importe dos gastos de viaxe e axudas de custo
- Indemnizacións percibidas con ocasión do abandono dos cargos
- Rexistro de intereses e actividades
- Resolucións ditadas polo órgano competente sobre a compatibilidade das actividades privadas realizadas
- Declaración da renda
- Nómina
- Declaración patrimonial e bens
- Informes periódicos sobre a asistencia do presidente ás sesións plenarias e comisións
- Historial das lexislaturas nas que foi membro do Goberno
- Retribucións brutas anuais percibidas
- Persoal de confianza
- Comunicación pública
- Participación e colaboración cidadá