
#ADEPUTACIÓNDEPONTEVEDRA
Regulamento de participación cidadá
A institución provincial traballa coa máxima de abrirlle as súas portas á veciñanza, atender as achegas que xorden do tecido social, escoitar as demandas de todos os colectivos e favorecer as iniciativas a prol dos intereses públicos.
A través de distintos mecanismos de participación e regulamentos, e poñendo a disposición das asociacións e outras entidades espazos propios, a Deputación dálles cabida ás inquedanzas do conxunto das e dos pontevedreses.
Esta institución quere estar ao lado da cidadanía e traballar man a man para servir de canle ás propostas que nos chegan desde os catro puntos cardinais da provincia. O presidente ponse á vosa disposición para responder a dúbidas e suxestións directamente a través desta web.