#TRANSPARENCIA

Unidade de Transparencia

A Deputación de Pontevedra crea a Unidade Responsable de Transparencia. Estamos ante un órgano colexiado, adscrito á Secretaria Xeral, ao que lle corresponde garantir o cumprimento dos requisitos de transparencia e o acceso á información pública. Deste xeito, cúmprese o previsto na Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.


Componse dos seguintes membros:

  • Presidencia: a persoa titular da Secretaría Xeral
  • Vogais:
    • 1.º A persoa asesora xurídica con competencias en novas tecnoloxías
    • 2.º A xefa ou o xefe de sección da Páxina Web

A Unidade Responsable de Transparencia encárgase de:

  • Coordinar as solicitudes en materia de información
  • Tramitar as solicitudes de acceso á información e reclamacións
  • Asesorar as persoas no exercicio do dereito de acceso
  • Crear e manter actualizado un catálogo de información pública
  • Elaborar informes en materia de transparencia, reutilización e dereito de acceso á información
  • Difundir a información pública, creando e mantendo canles accesibles
  • Adoptar as medidas oportunas para asegurar a difusión da información pública
  • Garantir a dispoñibilidade da información
  • Actuar como interlocutora coas organizacións competentes en materia de transparencia
  • Coordinar e fomentar actividades de promoción, concienciación e formación

Datos de contacto