#MOBILIDADE
Guía de espazos públicos e mobilidade amable
A "Guía de mobilidade amable dos espazos públicos" é un manual no que se reflicten as determinacións e condicións que deben cumprir as obras no espazo público para adaptarse á filosofía de seguranza viaria e mobilidade sustentable pola que aposta a Deputación, seguindo o criterio de que a principal prioridade é deseñar espazos para as persoas.
A guía ten apartados referidos á ‘Cidade como escenario de encontro para a construción da vida colectiva e á rúa como espazo multifuncional', ‘Criterios xerais: o contexto da proposta peonil e a integración do peón no feito urbano e rururbano', as ‘Novas prioridades no deseño e uso da rúa e das vías públicas', ‘Recomendacións de deseño de vías e espazos públicos para o fomento da mobilidade amable, a seguridade viaria e a calidade urbana', ‘Características técnicas de redutores e lombos', así como un epílogo. Tamén hai catro anexos nos que se fala de ‘PPS e mesetas. Casos específicos: rúas e estradas con pendentes significativas desenvolvidas pola Deputación de Pontevedra', ‘Redutores físicos de velocidade circulares. Algúns exemplos desenvolvidos pola DEPO', ‘ Proposta de instrución de deseño de dispositivos de precaución da DEPO' e ‘Proposta de protocolo de actuación de seguridade viaria na DEPO'.