2024

II Plan extraordinario de infraestruturas deportivas

Para concellos de ata 50.000 habitantes

O “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” destina recursos a construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos.


Esta convocatoria de subvencións permitiralles aos concellos interesados dispoñer de financiamento para acometer actuacións de modernización e mellora das infraestruturas deportivas xa existentes, así como novas construcións.

Liñas de actuación

  • Construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, así como as cubertas de instalacións deportivas
  • Modernización, remodelación e mellora de instalacións e outros espazos públicos de uso deportivo
  • Dotación de equipamentos nas instalacións deportivas, ademais de material deportivo de carácter inventariable
  • Adquisición de terreos afectados a uso deportivo