Luis López sinala que a humanización da rúa Condesa, en Ribadumia, marca un antes e un despois para a convivencia entre o tráfico e os peóns en Barrantes

O mandatario provincial, acompañado polo alcalde David Castro, percorre unha estrada renovada que conta con beirarrúas máis amplas, máis prazas para aparcar e mellores servizos logo do investimento de 650.000€ da Deputación e o Concello

26/03/2025

Luis López na humanización da rúa Condesa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comprobou este mércores o remate das obras de urbanización da Rúa Condesa, na parroquia de Barrantes, en Ribadumia. O mandatario provincial percorreu un treito desta rúa na que, froito da colaboración entre o goberno provincial e local, se executou unha obra valorada en 650.000 euros para mellorar a mobilidade, a imaxe e os servizos dunha zona cunha alta actividade. “Realizamos unha importante mellora na seguridade viaria e peonil nun entorno onde hai un fluxo de persoas moi importante polo colexio e as instalacións deportivas neste pulmón que ten Ribadumia”, salientou o mandatario provincial sobre a execución dunha obra moi agardada pola comunidade educativa nunha visita na que estivo acompañado polo alcalde de Ribadumia, David Castro.

O proxecto executouse ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ribadumia, no que o ente provincial achegou o 70 % do total, uns 455.000€. A obra consistiu na mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil a través da reposición do asfalto, a ampliación das beirarrúas, a incorporación de nova sinalización e pasos de peóns sobreelevados, así como novas prazas de estacionamento, zonas axardinadas, novo mobiliario urbano e o soterramento das liñas eléctricas e de telecomunicacións. “Comprobamos o resultado final e hai que dar os parabéns. Este é o camiño para facer unha provincia extraordinaria”, afirmou o presidente López despois de comprobar o remate dos traballos. Nun percorrido no que fixo fincapé que “cando falamos de humanizacións non falamos de redución de prazas de aparcamento, porque aquí se incrementaron notablemente”.

A urbanización da rúa Condesa ten ademais un compoñente especial, tal e como recoñeceu o mandatario provincial. “Esta obra marca un fito importante porque foi o primeiro convenio que aprobei como presidente da Deputación e é algo que levarei no recordo, como responsable dun ente que é a casa de todos os concellos”, asegurou o dirixente, quen tamén quixo recoñecer o mérito do alcalde David Castro para que este proxecto se convertera en realidade, así como a cooperación necesaria da veciñanza para ceder os terreos necesarios para realizar a actuación. “Hai que agradecer a toda a veciñanza de Ribadumia polas cesións, porque moitos proxectos non poden saír adiante por esta cuestión. Pero tamén depende de quen encabeza as negociacións porque o alcalde David Castro todo o fai moito máis doado, onde moitos van a expropiacións, el consegue cesións”, valorou Luis López.

A colaboración entre o Concello e a Deputación non remata con esta urbanizada rúa Condesa de Barrantes. Para este ano, a Deputación ten previsto un investimento de 1,34 millóns de euros ao abeiro de plans de cooperación como o +Provincia, o segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou o novidoso Plan Extra

Galerias de imaxes

audios