#ProvinciaExtraordinaria

Plan provincia extraordinaria-Plan Extra


Este plan está deseñado como unha ferramenta de apoio adicional en beneficio dos concellos, co obxectivo de que estes dispoñan dun mecanismo de axuda innovador adaptado ás súas necesidades, con capacidade financeira suficiente e dotado da maior flexibilidade para permitirlles afrontar os retos que a cidadanía lles demanda e, polo tanto, contribuír a potenciar o territorio provincial no seu conxunto para construír unha provincia máis forte e moderna, unha provincia onde vivir mellor e, en definitiva, con máis servizos e de máis calidade.

En suma, trátase dun plan que xorde da necesidade de que as administracións orienten a súa planificación de investimentos a fins de relevancia estratéxica, para equilibrar a prestación dos servizos en todo o territorio e acadar investimentos atractivos que contribúan a mellorar as dinámicas demográficas; e de que sexan investimentos públicos operativos, eficientes e transformadores cun efecto positivo real no modelo de vida que queremos para as e os cidadáns.

Investimentos subvencionables:

  • Novas infraestruturas públicas
  • Infraestruturas públicas existentes
  • Intervencións en espazos urbanos ou naturais
  • Elementos necesarios para a recollida separada de biorresiduos de orixe doméstica (5.º contedor)