#8M

8M 2025

MALABARES ATA CANDO?

“Para as mulleres e nenas en toda a súa diversidade: Dereitos, igualdade e apoderamento” é o lema proposto por ONU Mulleres para conmemorar no 2025 o 8M, o Día Internacional das Mulleres.


Un ano máis, desde a Deputación de Pontevedra NON DUBIDAMOS en sumarnos ás reivindicacións que os organismos internacionais propoñen para que todas as institucións, ao unísono, fagamos público o noso compromiso coa equidade de xénero e sexa un eixe central na nosa folla de ruta para acadar o benestar de TODAS as mulleres en todos os ámbitos da vida.

O fomento dos dereitos das nenas e das mulleres e a promoción da igualdade de xénero son unha responsabilidade de medios, gobernos, poderes públicos e a sociedade en xeral, da que teñen que dar conta día a día na súa acción. É preciso que cadaquén, atendendo ás súas competencias, deseñe e poña en marcha medidas que diminúan a fenda de xénero nos ámbitos onde aínda impera a desigualdade de oportunidades das mulleres con respecto aos homes.

Segundo os datos de ONU Mulleres, na actualidade unha de cada tres mulleres sofre violencia nalgún momento da súa vida e unha muller é asasinada pola súa parella ou alguén da súa familia cada 10 minutos.

A análise económica desde a perspectiva de xénero corrobora que a pobreza segue a estar feminizada e o liderado, reservado para eles.

Só temos que botar unha ollada ao noso arredor para detectar que espazos están ocupados maioritariamente por homes e sobre quen realmente recaen as tarefas dos coidados. Se ben é certo que as cifras están mudando, non o fixeron como era de esperar despois de trinta anos da aprobación da Declaración e plataforma de acción de Beijing, folla de ruta das actuais políticas de igualdade.

Aínda que o avance non foi o desexado, si se deron pasos cara adiante. Se comparamos a foto fixa da sociedade actual coa de hai tres décadas, en xeral, vemos un aumento cuantitativo no tempo dedicado aos coidados por parte dos varóns, pero a responsabilidade e a xestión destes segue sendo “cousa delas”.

Esta asunción da mochila dos coidados é a gran carga que invita a renunciar, o que impide a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Sen dúbida, resta tempo para dedicárllelo non só ao desenvolvemento da súa carreira profesional en igualdade de condicións que os seus compañeiros varóns, senón tamén ao tempo que se dedican a elas mesmas, inexistente na maioría dos casos.

A falta de corresponsabilidade nos coidados aínda é unha tarefa pendente que demanda a posta en marcha de políticas de igualdade que derruben os estereotipos que a sustentan. A conciliación da vida persoal, familiar e laboral é o gran reto pendente da sociedade actual.

Ata cando seguiremos facendo malabares para poder dar conta das tarefas dos coidados ao tempo que desenvolvemos a nosa carreira profesional e buscamos un anaquiño de tempo para nós?

Ata cando seguiremos elixindo que parte da nosa esfera priorizar?

Ata cando seguiremos renunciando aos nosos intereses polo ben común?

Ata cando seguiremos sendo xulgadas como malas nais se decidimos externalizar os coidados e apostar polo desenvolvemento profesional?

Ata cando seguiremos sufrindo as diferentes formas de violencia que se exercen contra nós polo simple feito de ser mulleres?

Ata cando manteremos o espellismo de igualdade que nos impide ver a realidade das nenas e mulleres no mundo?

Ante este escenario mundial, cómpre retomar a axenda, facer unha análise actual desde a perspectiva feminista e recalcular a folla de ruta que seguir co fin de promover espazos seguros que garantan a consecución dos dereitos das mulleres e nenas.

PROGRAMACIÓN

  • Presentación da programación do 8M
    • O 27/02/2025, ás 11:30 h, no Pazo provincial
  • Campaña institucional do 8M
    • Instalación da campaña “Malabares ata cando?” nas sedes centrais da Deputación de Pontevedra
      • O 27/02/2025, colocación de paneis na porta do Pazo provincial e dunha lona na fachada da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo
      • Do 27/02/2025 ata o 10/03/2025, iluminación en cor morada das sedes centrais da Deputación de Pontevedra
  • Concurso escolar E Ti, que Pensas da Igualdade?
    • Do 07/03/2025 ata o 10/04/2025, apertura do prazo de presentación de solicitudes da II edición do concurso escolar convocado con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres
    • Máis información
  • Acto central do 8M
    • O 07/03/2025 ás 13:00 h, no Pazo provincial
    • Lectura do manifesto a cargo do Club Poio Fútbol Sala
    • Entrega do material da campaña de sensibilización do 8M para este anoMalabares ata cando?”
  • Puntos violetas
    • Do 27/02/2025 ata o 01/03/2025 na Festa da Arribada 2025 en Baiona
    • Presentación dos novos materiais da campaña contra as agresións sexuais
  • Exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade no mar
    • Obradoiro a cargo de Tamara Amorín, profesora da Universidade de Vigo (UVigo) que participou na investigación que se plasma nesta mostra.
    • O 07/03/2025, ás 12:15 h, na praza de abastos de Baiona
    • Máis información
  • Gala Cirqueiras
    • Gala multidisciplinar coa actuación dunha selección das mellores artistas galegas das disciplinas circenses. Actividade da campaña do 8M “Malabares ata cando?”, dirixida a público escolar
    •  O 25/03/2025, ás 12:00 h, no CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos
    • Máis información
  • Plan de formación en igualdade dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria, FP e bacharelato de centros educativos da provincia de Pontevedra
    • Obradoiros a cargo de Priscila Retamozo
      • O 20/03/2025, ás 10:00 e ás 11:30 h, no IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña
      • O 21/03/2025, ás 12:00 h, no IES O Castro de Vigo
      • O 21/03/2025, ás 12:30 h, no IES Santa Irene de Vigo
      • O 26/03/2025, ás 9:35 h, no IES Escolas Proval de Nigrán
    • Máis información
  • Programa do 8M. Ciencia en feminino
    • Todos os mércores do mes de marzo, ás 19:00 h e en liña, a cargo do equipo de GCIENCIA
    • Máis información 
  • Curso Avanzado de Xestión en Igualdade e Diversidade: Inclusión e Equidade para unha Contorna Laboral Máis Xusta (Universidade Nacional de Educación a Distancia)
  • As Mulleres que Opinan Son Perigosas
  • III Premios #Mulleres que Opinan
  • Aquí Faltan Páxinas
  • Muralismo e Obradoiro de Hula-Hoop no CP A Lama
    • A cargo da artista Alba Troiteiro
    •  Actividade da campaña do 8M, “Malabares ata cando?”, coas internas do CP de A Lama
  • Proxecto “Mulleres de Palabra(s)”