Ateneo Provincial pola Igualdade

“Mulleres de palabra(s)”

De marzo a outubro de 2025

Trátase dunha programación do Ateneo Provincial pola Igualdade da Deputación de Pontevedra na que as protagonistas serán as escritoras e as palabras a través das que contan o mundo con perspectiva de xénero.


Durante seis meses reivindicaremos a palabra das escritoras do pasado e escoitaremos quince escritoras actuais da nosa provincia.

A programación do proxecto contará con tres obradoiros de lectura a través da poesía, da narrativa e do bordado de palabras. 

ACTIVIDADES:

  • Venres 21 de marzo, ás 20 h, en Vigo, na sede da Deputación. Día da Poesía: “Unha provincia de poetas”, con Tamara Andrés, Oriana Méndez, Silvia Penas e Marta Dacosta.
    • Formato: recital e conversa 
  • Martes 22 de abril, ás 20 h, na Guarda: “As novas voces literarias da provincia”, con Guada Guerra, Lara Dopazo e Andrea Fernández Plata.
    • Formato: lecturas e conversa 
  • Mércores 21 de maio, ás 20 h, en Sanxenxo: “Escribir para as máis novas”, con Ledicia Costas, Fina Casalderrey e Eva Mejuto.
    • Formato: lecturas e conversa
  • Mes de xuño, en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, obradoiro para ler narrativa O Persoal É Literatura. O Uso da Primeira Persoa na Escritura das Mulleres, con Diana López Varela
    • Durante catro sesións semanais, o obxectivo será identificar os primeiros textos literarios escritos por mulleres, os retos aos que se enfrontaron para publicar e como pasaron á historia, así como distinguir e valorar as representacións da feminidade nos textos escritos por mulleres e recoñecer as autoras máis relevantes que reivindicaron o uso da primeira persoa.
    • Duración: 4 sesións semanais
    • Prazas: 20
  • Mes de xuño, na Lama, Obradoiro de Bordado de Palabras con Maritza Berttolini
    • Este será un espazo no que explorar e descubrir o bordado como unha ferramenta narrativa para reinterpretar a palabra escrita a través deste. Proporemos un exercicio de representación a través do  fotobordado e da composición téxtil para reflexionar sobre a identidade e a importancia de mulleres destacadas e/ou elixidas para o obradoiro.
    • Duración: 2 sesións
    • Prazas: 17
  • Setembro, en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, Obradoiro para Ler Poesía, con Apiario, Dores Tembrás e Antía Otero.
    • Este será un lugar de encontro coa poesía e unha aproximación ao xénero para quen queira iniciarse ou atopar novas lecturas de autoras clásicas e contemporáneas. Así, colocarémonos do lado do poema e das poetas para ler e desler durante catro encontros semanais.
    • Duración: 4 sesións semanais
    • Prazas: 20
  • Luns 13 de outubro, ás 20 h, en Pontevedra, no Pazo provincial. Día das Escritoras: “Mulleres de palabra(s)”, con Arantza Portabales, Susana Fortes e María Oruña.
    • Formato: lecturas e conversa