#COHESIÓNSOCIAL
“EN RUTA COA DEPO”
2023
A Deputación de Pontevedra oferta un máximo de 20.000 prazas dirixidas a asociacións e entidades para realizar rutas en 33 espazos emblemáticos da provincia
A Deputación de Pontevedra aprobou o 9 de decembro de 2022 as bases do programa “En ruta coa Depo” e abrirá o prazo de presentación de solicitudes o 14 de febreiro, a partir do cal se poderán presentar solicitudes durante 20 días hábiles. A concesión das rutas realizarase por criterios de concorrencia non competitiva.
A institución oferta este ano, a través do programa “En ruta coa Depo”, un total de 20.000 prazas dirixidas a entidades sociais da provincia interesadas en realizar rutas de convivencia, lecer e tempo libre en 33 espazos emblemáticos de Pontevedra. Cada unha delas poderá escoller, de entre as ofertadas, tres rutas por orde de preferencia, e sinalar o mes e o día da semana que prefire para realizar a actividade.
Cada participante achegará a cantidade de 13,50 euros, o que incluirá o desprazamento de ida e volta en autobús desde os puntos marcados nos seus concellos, a visita guiada por parte dunha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia e a comida.
Este ano a institución destina 479.450 euros ao programa e cofinancia algo máis da metade do custo da praza, que, segundo o recollido nas bases, se sitúa en 37,27 euros. Adicionalmente, reservarase un total de 300 prazas gratuítas, das que a Deputación asumirá a totalidade do seu custo.
O obxectivo desta iniciativa é dotar as entidades sociais de medios para promover o envellecemento activo, poñer en valor os recursos máis importantes da provincia de Pontevedra entre a cidadanía e tamén apoiar a hostalería.
Unha vez adxudicadas as prazas, as entidades terán ata o 31 de decembro de 2023 para gozar da ruta concedida.
- Bases (BOPPO 06/02/2023)
- Anuncio relativo á publicación do listado provisional de entidades admitidas e excluídas (BOPPO 26/04/2023)
- Adxudicación de rutas e prazas do programa En Ruta coa Depo 2023 (BOPPO 21/06/2023)
- Adxudicación de vinte novas prazas (BOPPO 18/08/2023)
- Anuncio adxudicación de cento cinco novas prazas
- Adxudicación de cento cinco novas prazas (BOPPO 25/08/2023)
- Nova adxudicación (BOPPO 19/10/2023)
- Acordo da Xunta de Goberno relativo á nova adxudicación (19/10/2023)
Ligazóns de interese
Documentos
-
Catálogo de rutas (pdf)
-
O acordo de adxudicación de rutas e prazas do programa En Ruta coa Depo 2023 (pdf)
-
Listado de entidades excluídas (pdf)
-
Listado das entidades con ruta asignada (pdf) (actualizado a 19/10/2023)
-
Listado das entidades en lista de agarda (pdf) (actualizado a 19/10/2023)
-
Listado de prazas gratuítas das rutas adxudicadas (pdf)