
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o circuíto “+Escénicas” de apoio á programación de espectáculos profesionais de artes escénicas nos concellos da provincia de ata 20.000 habitantes.
Esta iniciativa inclúe a creación dun catálogo de espectáculos en lingua galega, co que se pretende impulsar a programación e a representación de funcións de teatro e danza por parte de artistas e compañías profesionais galegas nos espazos dos concellos menos poboados desta provincia, para favorecer así o acceso á cultura por parte de todos os públicos.
O obxectivo deste circuíto é acadar unha programación cultural estable, continua e de calidade na provincia, conxugando a colaboración entre entidades e a promoción da diversidade de propostas artísticas do sector profesional.
- Solicitude de espectáculos
- Bases da convocatoria da II edición do circuíto (BOPPO 19/02/2025)
- Extracto das bases (BOPPO 19/02/2025)
- Solicitude de espectáculos por parte dos concellos en sede.depo.gal
- Catálogo de grupos
- Bases de creación do circuíto (BOPPO 09/07/2024)
- Solicitude de inscrición no catálogo en sede.depo.gal
PROGRAMACIÓN CIRCUÍTO “+ESCÉNICAS” 2024-2025